Ao redor dun centenar de participantes na xornada "Industria 4.0. Ciberseguridade e Bo Goberno"

Silvia Camesella,

Ao redor dun centenar de participantes na xornada "Industria 4.0. Ciberseguridade e Bo Goberno"


Clúster TIC organizou, xunto coa Amtega e Arco Atlántico, unha xornada sobre industria 4.0, ciberseguridade e bo goberno. O evento, que tamén se puido ver en streaming a través de Youtube, tivo unha gran acollida con case un centenar de inscritos.

Como poñentes participaron Francisco Pérez Bes, vogal de Arco Atlántico, que aconsellou sobre a protección da cadea de subministro; Gustavo Herva Iglesias, xefe da subárea da Seguridade de Amtega, que falou sobre o proxecto "Nodo Ciber.gal"; e Jose Ignacio Armesto Quiroga, profesor da Universidade de Vigo, que presentou o título de Especialista na Ciberseguridade Industrial.

O evento tamén contou cunha mesa de debate, na que se falou sobre responsabilidades, obrigacións legais e bo goberno, conformada por Alejandro Alonso, área de Ciberseguridade de NTT DATA, Berta Caro, directiva de Tecalis e André Castelo, socio director en APDTIC.

A xornada está dispoñible ao completo en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=cOecCV_NFfw


Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies