A Xunta e os principais clústers galegos formarán a 10.500 persoas ocupadas ou sen emprego para dar resposta ás necesidades laborais do tecido produtivo

Silvia Camesella,

A Xunta e os principais clústers galegos formarán a 10.500 persoas ocupadas ou sen emprego para dar resposta ás necesidades laborais do tecido produtivo


  • O Consello da Xunta autorizou a sinatura de cinco convenios de colaboración con Aclunaga, Ceaga, TIC Galicia, Asime e Cluergal, por valor de 3,5 millóns de euros.
  • O obxectivo da iniciativa é impartir cualificación axustada á demanda de cada un dos sectores produtivos de Galicia para dar resposta ás necesidades de persoal que se precisan, impulsando, así, a competitividade do tecido empresarial.
  • A formación ten que estar relacionada co Catálogo nacional de cualificacións profesionais co fin de que poida ser acreditada para a posterior obtención dun certificado de profesionalidade.
  • A medida inscríbese noutras actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para axustar a oferta á demanda laboral como son a Axenda Galega de Capacidades para o Emprego ou o Estudo de tecnoloxías emerxentes.

A Xunta asinará con cinco dos principais clústers galegos convenios de colaboración para formar a persoas traballadoras ocupadas ou sen emprego, co obxectivo de impartir cualificación axustada á demanda laboral e dar resposta, deste xeito, ás necesidades de persoal que precisa o mercado de traballo impulsando, así, a competitividade do tecido empresarial galego.

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura desta colaboración, que se levará a cabo cos clústers TIC Galicia, de tecnoloxías e comunicación; Aclunaga, do sector naval; Ceaga, da automoción; Asime, do eido do metal e tecnoloxías asociadas; e Cluergal, representante do ámbito das enerxías renovables. En concreto, investiranse 3,5 millóns de euros para formar a 10.500 persoas a través de 266 accións formativas que deseñarán cada un dos clústers. 

A formación para o emprego que se imparta terá carácter non formal polo que deberá estar relacionada co Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais co fin de que poida ser acreditada para a posterior obtención dun certificado de profesionalidade. 

A previsión do Goberno galego é poder estender estes programas formativos a outros sectores de interese para a economía galega, como son, a alimentación e a saúde, o comercio ou a construción.

Esta actuación redundará, polo tanto, na mellora das persoas traballadoras ocupadas esen emprego ao incrementar as súas oportunidades laborais; e do tecido produtivo, xaque a formación será axustada ás súas necesidades. Contribúese, así, ao desenvolvemento profesional das persoas traballadoras e ao aumento da innovación e produtividade das empresas.

A iniciativa enmárcase no Plan galego de formación para o emprego ao que o Goberno galego destina este ano 100 millóns de euros para mellorar a cualificación profesionalde traballadores ocupados e desempregados, a competitividade das empresas e as oportunidades en Galicia.

Axenda Galega de Capacidades

A formación para o emprego axustada ás necesidades do tecido produtivo é unha prioridade para a Xunta de Galicia. Así, outras iniciativas que está levando a cabo neste sentido son a Axenda Galega de Capacidades, que terá tamén unha resposta formativa ás necesidades demandadas polo tecido empresarial. É unha ferramenta clave no emparellamento entre a oferta e a demanda de emprego, para aumentar a produtividade das empresas e ofrecer novas oportunidades laborais á cidadanía. Permitirá, en definitiva, dispoñer dunha oferta formativa para os perfís e competencias que serán necesarios para facer fronte aos empregos do futuro.

Así mesmo, o Estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do emprego, realizado pola Consellería de Emprego e Igualdade, busca poder elaborar unha propostadas cualificacións profesionais que serán necesarias para facer fronte aos empregos do futuro e tratar de prever, deste xeito, os futuros requirimentos formativos que serán demandados desde o mercado laboral. O estudo, do que xa se presentaron as súasconclusións, baseouse na avaliación de 15 sectores económicos estratéxicos e xeradores de emprego en Galicia e 14 tecnoloxías emerxentes para identificar os traballos que oproceso de dixitalización está a transformar e, polo tanto, requiren dunha adaptación da oferta formativa.

Con base nas conclusións do Estudo de Tecnoloxías Emerxentes e nos primeiros contactos no marco da Axenda Galega de Capacidades, contactouse cos clústers máis representativos do tecido produtivo de Galicia, co obxectivo de impartir as accións formativas que hoxe autoriza o Consello da Xunta.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies