A Xunta asinará con cinco dos principais clústers galegos convenios de colaboraciónpara formar a persoas traballadoras ocupadas ou sen emprego, co obxectivo de impartircualificación axustada á demanda laboral e dar resposta, deste xeito, ás necesidades depersoal que precisa o mercado de traballo impulsando, así, a competitividade do tecidoempresarial galego.
O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura desta colaboración, que se levará a cabocos clústers TIC Galicia, de tecnoloxías e comunicación; Aclunaga, do sector naval; Ceaga, da automoción; Asime, do eido do metal e tecnoloxías asociadas; e Cluergal,representante do ámbito das enerxías renovables. En concreto, investiranse 3,5 millónsde euros para formar a 10.500 persoas a través de 266 accións formativas quedeseñarán cada un dos clústers.
A formación para o emprego que se imparta terá carácter non formal polo que deberáestar relacionada co Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais co fin de que poidaser acreditada para a posterior obtención dun certificado de profesionalidade.
A previsión do Goberno galego é poder estender estes programas formativos a outrossectores de interese para a economía galega, como son, a alimentación e a saúde, ocomercio ou a construción.
Esta actuación redundará, polo tanto, na mellora das persoas traballadoras ocupadas esen emprego ao incrementar as súas oportunidades laborais; e do tecido produtivo, xaque a formación será axustada ás súas necesidades. Contribúese, así, aodesenvolvemento profesional das persoas traballadoras e ao aumento da innovación eprodutividade das empresas.
A iniciativa enmárcase no Plan galego de formación para o emprego ao que o Gobernogalego destina este ano 100 millóns de euros para mellorar a cualificación profesionalde traballadores ocupados e desempregados, a competitividade das empresas e asoportunidades en Galicia.
Axenda Galega de Capacidades
A formación para o emprego axustada ás necesidades do tecido produtivo é unhaprioridade para a Xunta de Galicia. Así, outras iniciativas que está levando a caboneste sentido son a Axenda Galega de Capacidades, que terá tamén unha respostaformativa ás necesidades demandadas polo tecido empresarial. É unha ferramenta claveno emparellamento entre a oferta e a demanda de emprego, para aumentar aprodutividade das empresas e ofrecer novas oportunidades laborais á cidadanía.Permitirá, en definitiva, dispoñer dunha oferta formativa para os perfís e competenciasque serán necesarios para facer fronte aos empregos do futuro.
Así mesmo, o Estudo de tecnoloxías emerxentes para a transformación do emprego,realizado pola Consellería de Emprego e Igualdade, busca poder elaborar unha propostadas cualificacións profesionais que serán necesarias para facer fronte aos empregos dofuturo e tratar de prever, deste xeito, os futuros requirimentos formativos que serándemandados desde o mercado laboral. O estudo, do que xa se presentaron as súasconclusións, baseouse na avaliación de 15 sectores económicos estratéxicos e xeradoresde emprego en Galicia e 14 tecnoloxías emerxentes para identificar os traballos que oproceso de dixitalización está a transformar e, polo tanto, requiren dunha adaptación daoferta formativa.
Con base nas conclusións do Estudo de Tecnoloxías Emerxentes e nos primeiroscontactos no marco da Axenda Galega de Capacidades, contactouse cos clústers máisrepresentativos do tecido produtivo de Galicia, co obxectivo de impartir as acciónsformativas que hoxe autoriza o Consello da Xunta.
Comments