9 August 2023
Nas últimas décadas, a produtividade empresarial ha experimentado un constante crecemento grazas á transformación dixital e, en particular, á automatización de procesos. A Automatización Robótica de Procesos (RPA) xogou un papel fundamental nesta evolución ao permitir a automatización de tarefas repetitivas e baseadas en regras.
Que é RPA?
RPA é unha tecnoloxía que utiliza robots de software para imitar as accións humanas e automatizar tarefas en sistemas informáticos e aplicacións empresariais. Estes robots realizan tarefas mecánicas e repetitivas, liberando aos empregados de cargas de traballo monótonas e permitíndolles centrarse en actividades máis estratéxicas e valiosas. A diferenza da automatización tradicional ...
18 July 2023
A empresa Dous Espazos é a adxudicataria do contrato de servizo de apoio ao gabinete de comunicación do Consorcio da Zona Franca de Vigo e colaborará coa entidade durante os próximos dous anos prestando servizos de comunicación 360, de redes sociais, de deseño gráfico e audiovisuais.
O equipo de Dous Espazos, con ampla traxectoria en comunicación pública no ámbito da tecnoloxía, a industria e a innovación, asume este novo reto co obxectivo de achegar todo o seu coñecemento e experiencia ao servizo ...
14 July 2023
TEIMAS avanza no seu plan de expansión coa apertura dunha nova oficina no centro de Europa. A tecnolóxica española, especializada en software para a cadea de valor do residuo, acaba de abrir unha delegación en Bruxelas (Bélxica) coa que busca impulsar o desenvolvemento a súa actividade na Unión Europea.
Peter Bogman, novo perfil internacional, situarase á fronte da devandita delegación como Account Executive. En palabras de Miguel Varela, CEO de TEIMAS, “esta nova incorporación e a apertura dunha oficina en Bruxelas permitiranos apoiar a crecente demanda de solucións tecnolóxicas como Zero, plataforma SaaS para xestión de residuos e economía circular ...
14 July 2023
O Clúster TIC Galicia vén de dar ...
13 July 2023
SG Tech patrocina o III foro económico O Encontro , que se celebra os días 13 e 14 de xullo en en o Pavillón de Congresos e Exposicións da Toxa (Pontevedra). Este evento, organizado polo Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga), reúne a máis de 500 profesionais do mundo empresarial, académico e da Administración Pública de Galicia, así como a un centenar de relatores, que abordarán o impacto positivo dos negocios nos ámbitos social e ambiental, a sustentabilidade, a innovación e o emprendemento.
Alfredo Castro, Director Xeral de SG Tech, moderará a mesa "Retos de Galicia, en que debemos ...
6 July 2023
O Clúster TIC Galicia patrocinará o AI Song Contest, coñecido como a "Eurovisión" mundial da intelixencia artificial, que celebrará a súa edición 2023 na cidade da Coruña o vindeiro 4 de novembro. A edición deste ano, que tamén contará co apoio da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, e o Centro de Supercomputación de Galicia, leva por lema "Walking With AI" (O Camiño da IA), e celebra a diversidade de xeitos de traballar a intelixencia artificial na música no eido internacional, cos artistas no centro do proceso de composición.
Esta cuarta edición contará cunha cerimonia de ...
6 July 2023
Inforhouse leva mais de 30 anos sendo Business Partner de IBM. Esta traxectoria comezou coavenda de equipamento hardware para posto de traballo e centros de proceso de datos, e foicontinuado de xeito acorde á evolución da que segue a ser a marca TI líder mundial, que fixo unhaorientación estratéxica, dende o ano 2005, cara a solucións innovadoras baseadas en software,servizos e IA, sen descoidar a gama de almacenamento FlashSystem ou as plataformas Power.
Tras a actualización do ecosistema de Partners que tivo lugar este ano, Inforhouse revalidou a súacondición de socio, o que acredita a disposición de requirimentos en ...
3 July 2023
A empresa Serviguide Tech especializada no deseño e xestión integral de proxectos tecnolóxicos, que ofrece todo tipo de solucións e melloras no sector TIC, presentou a súa nova identidade visual tras 8 anos de presenza no mercado , como consecuencia dunha evolución da marca dentro da compañía.
Serviguide Tech, agora Sg Tech evolucionou achegando innovación, axudando á transformación dixital e conectando a empresas punteiras cos mellores profesionais do sector tecnolóxico.
Na actualidade, a empresa está nun constante crecemento afianzando a presenza nacional e ampliando fronteiras coa apertura de SG Tech en LATAM e USA.
Esta transformación tradúcese nunha nova identidade, nun ...
3 July 2023
O Clúster TIC Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria facendo especial fincapé na inminente apertura do Centro de Servizos Avanzados (CSA ...
29 June 2023
Analizando o presente e o futuro da ciberseguridade, Plexus Tech estivo presente nas VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade (JNIC). A compañía tecnolóxica non só participou no evento celebrado en Vigo, senón que patrocinou o encontro de referencia en España sobre privacidade dixital.
Durante tres xornadas, profesionais destacados da ciberseguridade analizaron os últimos avances na protección dixital. Foron tres días para poñer en contacto, intercambiar e discutir ideas, coñecementos e experiencias entre a rede académica, a investigadora e a empresarial.
Nesta ocasión ...
22 June 2023
Ozona Tech resultou adxudicataria do concurso público licitado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación (MAEUEC) para a renovación de licenzas de software de virtualización para escritorio remoto.
Ozona Tech impúxose a outras compañías nun contrato por un valor próximo aos 295.000 euros.
Para Ramón Ares, CEO de Ozona Tech, “o escritorio remoto é estratéxico para unha organización cunha gran dispersión xeográfica e cunhas evidentes necesidades de seguridade”.
O MAEUEC desenvolveu hai anos un modelo de posto de traballo virtualizado que achega grandes vantaxes aos usuarios, ao proporcionarlles un acceso de maneira transparente e directa aos recursos ...
22 June 2023
O Clúster TIC Galicia, que representa o sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, adheriuse ao sistema de difusión de ofertas de traballo posto en marcha pola Xunta co que se busca conectar oferta con demanda laboral para dar resposta ás ...