Entre as accións que organiza o Clúster TIC están os grupos de traballo. Os grupos de traballo constitúense a petición dos socios e nas temáticas elixidas por estes. Actualmente estes son os GT abertos, os cales teñen as sus propias normas de funcionamiento, marcadas polos fundadores do grupo. En caso de querer sumarse a algún deles ou propoñer a constitución de outros novos, debedes pórvos en contacto co equipo de xestión do Clúster TIC.
Coordinador: Imatia
Este grupo de traballo xa leva máis de dous anos en activo e do cal saíron accións concretas, como o Postgrado de Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital, o Campus Dual e outras que están en deseño. O obxectivo do grupo é planificar accións e actividades conxuntas coas Universidades, reforzar as relacións coas mesmas co fin de captar novo talento para a súa incorporación ao sector.
Coordinador: Dos Espacios
Este grupo de traballo nace a raíz do convenio de colaboración asinado entre o Clúster TIC Galicia e o Clúster Empresarial de Turismo de Galicia. Tal como se recolle na Estratexia de Turismo de Galicia 2020, a actividade do sector TIC ten un claro impacto no sector do turismo, xerando efectos positivos para o sector turístico en xeral, para a súa competitividade e especificamente no relativo tanto á comercialización turística, como no xeito en que os visitantes experimentan a súa visita a Galicia. É por isto que somos un axente fundamental para o sector, de aí que debamos traballar da man co sector turístico co fin de deseñar actuacións que permitan a posta en valor do noso territorio, aproveitar a potencia do sector TIC para a actividade turística.
Coordinador: Dos Espacios
Dado que o sector comercio está cada día máis involucrado na necesidade de incorporar a tecnoloxía nos seus procesos de venda e de mellora de xestión e dada a proximidade coa Dirección Xeral de Comercio, consideramos oportuno abrir este grupo de traballo para aportar ideas de mellora ao sector e colaborar con eles no seu proceso de transformación dixital.