Ea sit quaeque consulatu, nam causae nonumes in, ne sea graeci quidam pericula. Id eius scriptorem sit, affert ridens ea eam, no est illum instructior. Cu veri gubergren appellantur vis. Te summo facilisi constituto qui, ad mundi nemore causae pro. Equidem euripidis at vis, mundi intellegat quaerendum ex sit, ea nusquam fierent mea.
Ea pro nisl adhuc consequat. Mei at posse graecis epicurei, novum causae erroribus usu no, ne ubique praesent scribentur quo. Ea vis quod labitur sapientem, qui te putant laoreet sententiae, alii velit vidisse eam ex. Eum ut idque soluta diceret.
Coordinador: Everis
Este grupo de traballo xa leva dous anos en activo e do cal saíron accións concretas, como o Postgrado de Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital, e outras que están en deseño. O obxectivo do grupo é planificar accións e actividades conxuntas coas Universidades, reforzar as relacións coas mesmas co fin de captar novo talento para a súa incorporación no sector.
Coordinador: Dos Espacios
Este grupo de traballo nace a raíz do recente convenio de colaboración asinado entre o Clúster TIC Galicia e o Clúster Empresarial de Turismo de Galicia. Tal como se recolle na Estratexia de Turismo de Galicia 2020, a actividade do sector TIC ten un claro impacto no sector do turismo, xerando efectos positivos para o sector turístico en xeral, para a súa competitividade e especificamente no relativo tanto á comercialización turística, como no xeito en que os visitantes experimentan a súa visita a Galicia. É por isto que somos un axente fundamental para o sector, de aí que debamos traballar da man co sector turístico co fin de deseñar actuacións que permitan a posta en valor do noso territorio, aproveitar a potencia do sector TIC para a actividade turística.
Coordinador: Dos Espacios
Dado que o sector comercio está cada día máis involucrado na necesidade de incorporar a tecnoloxía nos seus procesos de venda e de mellora de xestión e dada a proximidade coa Dirección Xeral de Comercio, consideramos oportuno abrir este grupo de traballo para aportar ideas de mellora ao sector e colaborar con eles no seu proceso de transformación dixital. Proximamente, a D.X. de Comercio ten pensado poñer en marcha un “Reacciona Comercio”. Sacarán a concurso público a prestación dunha serie de servizos de asesoramento (TIC, Redes Sociais, Escaparatismo, Asesoramento legal, etc.) e logo os comerciantes poderán solicitar estes servizos aos provedores gañadores das licitacións, en principio, os lotes non serán por servizos, senón por áreas xeográficas, de aí que o provedor seleccionado deberá prestar todo o catálogo de servizos que se liciten, por este motivo, consideramos oportuno que as empresas vos poñades en contacto para poder ver vías de colaboración (formar UTEs, subcontratacións, ...).