FAQs

Como podo participar no Programa Tech Angels? 

Para participar, visita a sección Participa e completa o formulario. É importante que proporciones información detallada para evaluar o teu proxecto adecuadamente.

Quen pode participar neste programa? 

Emprendedores ou startups de calquera sector produtivo que xa estén en funcionamiento ou que posean unha idea emprendedora claramente definida e estruturada. É esencial que estean dispostos a integrar solucións tecnolóxicas que aborden desafíos específicos, satisfagan necesidades do mercado ou proporcionen unha vantaxe competitiva. Ademais, deben estar comprometidos coa colaboración a longo prazo cun Tech Angel e ter un firme compromiso e unha visión estratéxica para o crecemento da súa startup.

É obrigatorio ter unha empresa constituida formalmente para participar no programa? 

Non é un requisito inicial. Non obstante, prevese que os proxectos que resulten seleccionados formalicen a súa constitución como sociedade tras establecer un acordo co Tech Angel.

Cales son as obrigacións das persoas e entidades que participan no Programa Tech Angels? 

Deben cumprir cunha serie de responsabilidades esenciais. Isto inclúe a asistencia obrigatoria e participación activa en todas as actividades programadas, como talleres, sesións de mentoría e eventos de networking. Ademais, deben estar dispostas a rexistrar o seu domicilio social e fiscal, así como establecer o seu principal centro de operacións dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

En que se diferencia un Tech Angel dun Business Angel tradicional? 

Un Tech Angel ofrece un enfoque centrado na tecnoloxía, proporcionando coñecemento técnico profundo, mentoría en implementación tecnolóxica e unha rede de contactos especializados, en contraste cos business angels cuio apoio tende a ser máis xeralista e orientado ao retorno financeiro.

Cal é a diferencia entre a figura dun Tech Angel e unha aceleradora? 

A diferencia das aceleradoras, que impulsan o crecemento rápido a través de programas estruturados, os Tech Angels enfócanse en proporcionar solucións tecnolóxicas a medida e unha mentoría especializada para o desenvolvemento sostible das startups.

Como se distinguen os Tech Angels dos clubs de inversión? 

Os Tech Angels oriéntanse ao aspecto tecnolóxico dos proxectos, buscando un desenvolvemento tecnolóxico sostible a longo prazo, mentras que os clubs de inversión tenden a diversificar as súas inversións entre varias empresas, cun enfoque en obter retornos financeiros a curto prazo.

Modify cookies