RuralEU é o proxecto co que Raquel Braña participou na incubadora Node Hub, impulsada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración con Incibe Emprende. O obxectivo da súa proposta é ofrecer un servizo de comunicación a municipios de menos de 6.000 habitantes para atraer e fixar poboación no rural, potenciando a proposta de valor de cada territorio. "A idea xurdiu en 2019, cando vin que aínda se situaban bandos municipais en vitrinas de igrexas e Concellos",
sinala
2.En que consiste e que necesidades pretende cubrir?
Consiste en mellorar a comunicación do Concello de forma totalmente adaptada e personalizada.
3.En que se diferencia doutros proxectos similares no mercado?
En que en RuralEu vivimos e convivimos cos Concellos aos que lles ofrecemos o noso traballo. Outras consultoras e/o axencias, non poden nin queren ofrecer ese diferenciador.
Actualmente estou a negociar para colaborar con institucións públicas para poder crecer dunha forma máis estratéxica. Dependendo de como resulten esas colab, implementaremos unha estratexia ou seguiremos coa que seguiamos ata o de agora, paso firme, aínda que lento, por iso esperamos coa colab poder crecer de maneira máis rápida.
Cales son os principais retos aos que che enfrontas a partir de agora?
Poder facer boas colab, se crecemos rápido sabelo xestionar ben e a visibilización do proxecto.
Dinamizar e mellorar o rural desde dentro, cun bo posto de traballo e adaptado ao contexto actual.
Node Hub supuxo un cambio brutal ao meu proxecto, permitíndome ter os obxectivos e as condicións moito máis claras e en aliñación ao que eu quero.
As persoas que participaron e dinámicas no mundo Startup ás cales non estaba afeita nin informada.
Node Hub permitiulle ampliar os seus coñecementos sobre automatización de procesos e mellorar o seu pitch ante investidores, pero "o que máis me gusta son as aportacións humanas, a clave para que me esforzase e quedase. Goceino, foi un pracer", confesa.
Que se esforcen tanto como poidan, que lle saquen o maior mollo posible e que gocen o proceso.
Comments