Ozona Tecnología, compañía galega especializada en dixitalización do posto de traballo, axudou á posta en marcha máis de 50.000 postos de teletraballo na primeira semana de estado de alarma, dando resposta os retos que supoñen as medidas de confinamento persoal a causa do Covid-19 en clientes de Galicia e o resto de España, de maneira rápida e efectiva.
En palabras de Ramón Ares, CEO da compañía: “Desde a semana anterior ó confinamento, especialmente dende o venres 13, a actividade de Ozona Tecnología foi frenética. A compañía tivo que deseñar unha estratexia de resposta rápida para atender a unha gran demanda xerada de maneira case instantánea de con carácter de urxencia. E teño que dicir, que os nosos equipos responderon con máxima solvencia, a pesar da urxencia. Ningún cliente quedou sen atender e todos obtiveron as solucións necesarias para manter, na medida do posible, a normalidade laboral e conter ó máximo unhas repercusións económicas moi negativas”.
DESPREGUES EN 48 HORAS
A estratexia posta en marcha pola consultora galega permitiu despregar máis de 50.000 usuarios en teletraballo, para máis de 50 clientes de tódolos sectores de actividade e zonas xeográficas. “Tódalas peticións foron atendidas e os clientes tiveron os seus usuarios chave traballando en menos de 48 horas dende o momento que nolo solicitaron. Traballamos 24h o día, incluído fins de semana. E todo este esforzo fíxose tamén, por parte do noso equipo profesional, en modo teletraballo”, explica Ramón Ares.
En algúns casos, conseguiuse proporcionar continuidade a servicios críticos e infraestruturas estratéxicas que están sendo chave para poder dar resposta a actual situación de alerta nacional, como son os portos e os servizos de atención telefónica ó cidadán. Entre os clientes están, entre outros, Xunta de Galicia, Nueva Pescanova, Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Autoridad Portuaria de Villagarcia, Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, Técnicas Reunidas, Consorci Sanitari Integral de Barcelona, Transports Metropolitans de Barcelona (TMB), Orona, Teleperformance.
O plan desenvolvido involucrou a todos os niveis da compañía: directivos, técnicos, comerciais e equipo administrativo, e estendeuse a todos os territorios onde a compañía presta o seus servizos: Galicia, Cataluña, Baleares, Andorra, Aragón, Euskadi, Navarra, Madrid, Estremadura e Andalucía.
O CEO de Ozona explica que “en algúns casos tratábase de organizacións que non tiñan prevista a situación e os seus sistemas non estaban debidamente dimensionados, polo que se tivo que facer en 48h o que normalmente require de 2 ou 3 semanas. Outras empresas, xa clientes, xa tiñan unha infraestrutura de dixitalización do posto de traballo previa, e puideron conseguir obxectivos máis ambiciosos, podendo responder de maneira moito máis eficiente e proporcionando os seus usuarios experiencias en teletraballo moi similares as que teñen no seu posto de oficina.
Comments