Os premios TIC Galicia buscan os proxectos máis innovadores do sector

Óscar Santos Rodríguez,

Os premios TIC Galicia buscan os proxectos máis innovadores do sector


A convocatoria conxunta do Clúster TIC e Laconnetwork premiará a empresarios, institucións e asociacións en nove categorías vinculadas directamente ás Tecnoloxías da Información e a Comunicació


<O Clúster TIC pecha esta semana o prazo de presentación de candidaturas para a segunda edición dos premios TIC Galicia, organizado en colaboración con Laconnetwork co obxectivo de visibilizar o esforzo das organizacións, institucións e empresas galegas vinculadas ao sector.   As empresas e emprendedores interesados poderán inscribirse ata o próximo domingo 20 inclusive na páxina web https://www.laconnetwork.com/candidaturas/Deberán acreditar a labor levada a cabo durante o ano 2018 no eido do deseño, desenvolvemento e implantación de procesos ou servizos galegos focalizados na innovación e no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

9 CATEGORÍAS PARA PREMIAR AO SECTOR TIC GALEGO

Os galardóns engloban 9 categorías: “Mellor Startup” -premiará a aquelas empresas galegas con menos de dous anos de traxectoria-; “Mellor Desenvolvemento de Software Libre”-busca a mellor solución de programación baixo esta licenza-; “Mellor Campaña de Marketing Dixital” -recoñece as accións de marketing online que foran lideradas por empresas de medios dixitais galegas-; “Mellor Empresa Tractora” -galardoa ás empresas que apostan polas Startups galegas a través da contratación dos seus produtos ou servizos-; “Mellor Iniciativa TIC” -busca a aquelas asociacións, institucións e organizacións que  axudan na creación, lanzamento e asentamento de empresas e emprendedores-; “Mellor Innovación (I+D+i)” -distingue a aqueles organismos, fundacións e asociacións que realizasen as mellores inversións en innovación en 2018-; por último “Mellor Internacionalización” -premiará a aquelas compañías que presenten o mellor plan  de internacionalización en 2018-. Tamén se inclúen dúas mencións de honra para visibilizar a aquelas persoas que presentan unha especial implicación co sector TIC galego. Estas son o “Premio Lacón Evanxelizador”, para aqueles que se implican de forma específica e constante na difusión do sector TIC autonómico e que organizaron de forma exitosa algún dos encontros mensuais Laconnetwork; e o “Premio Traxectoria”, que recoñece a quen, de forma recurrente e constante se implican nas TICs galegas.

Tódolas candidaturas serán evaluadas por un comité de especialistas do sector con voz e voto para seleccionar aos finalistas. Unha vez cerrada a fase de pre-selección, procederase a una votación popular online na que competirán os elixidos das categorías “Mellor Startup”, “Mellor Desenvolvemento de Software Libre”, “Mellor Campaña de Marketing Dixital”, “Mellor Innovación (I+D+i)” e “Mención especial – Premio Lacon Evanxelizador”. Este referendo terá un valor do 50% sobre o total, aportando a porcentaxe restante o comité de especialistas. As categorías “Mellor Iniciativa TIC”, “Mellor Empresa Tractora”, “Mellor Internacionalización” e a “Mención Especial – Premio Traxectoria” outorgaranse directamente polo xurado interno.   A gala de entrega dos premios TIC Galicia terá lugar no evento anual Laconnetwork 2019 os días  7 a 9 de febrero no edificio Palexco, na Coruña.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies