O Clúster TIC Galicia colabora coa Universidade de Santiago de Compostela, como comité asesor do novo Grao de Intelixencia Artificial. Unha nova titulación, interuniversitaria de catro cursos e especializada en tecnoloxías intelixentes, que iniciou o seu primeiro curso con 55 alumnos.
Ademais de integrar un centro referente de investigación especializado en IA, O CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, o novo grado conta coa colaboración dun comité consultivo formado por profesionais de empresas, administracións e centros tecnolóxicos, entre os que se atopa o Clúster TIC Galicia. Un órgano asesor que, durante os próximos catro cursos, realizará labores de orientación, o que permitirá formar aos alumnos da forma máis práctica e actual posible.
Entre os alicientes, deste novo grao, figura o módulo profesional, cunha duración dun cuadrimestre completo, no que os alumnos poderán desenvolver proxectos integradores de varias disciplinas, resolver retos propostos por entidades e empresas externas, habilidades de comunicación e interpersoais, definir proxectos de emprendemento e tamén dobrar a duración dás prácticas profesionais externas en empresas obrigatorias.
Comments