O Clúster TIC Galicia está a recoller as necesidades de capacitación dos seus asociados de cara a elaboración dun novo Plan Formativo, que se desenvolverá dende o 1 de setembro de 2024 ata o 31 de marzo de 2025. Estas accións enmárcanse no convenio que a entidade prevé asinar coa Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego nas vindeiras semanas, a través do cal se financiou o Plan Formativo do Clúster TIC de 2022, 2023 e 2024. O obxectivo deste programa é realizar accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa para cubrir a demanda de talento tecnolóxico que experimenta o sector.
Para isto, o Clúster TIC Galicia pon a disposición das empresas socias este formulario, deseñado para recoller a seguinte información:
O prazo para enviar as necesidades remata o 31 de xullo de 2024. Os datos aportados non son vinculantes, pero serán fundamentais para axustar ao máximo as preferencias sinaladas ás necesidades e capacidades de execución da entidade. Para a execución do programa formativo, e no caso de que os fondos sexan inferiores á demanda, daránselle prioridade ás peticións das firmas que presentaron as súas preferencias a través deste formulario.
Se algún socio ten dúbidas sobre a presentación da información, pode contactar coa oficina técnica do Clúster TIC Galicia a través de info@clusterticgalicia.com ou no 881 939 651.
Acceso ao formulario: https://forms.gle/7LSk1GX4zbn5Y8Av8.
Comments