O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e o xerente da asociación, Roberto Pérez, participaron esta mañá no pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, presidido polo conselleiro de Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a directora xeral da Axencia GAIN, Carmen Cotelo.
Na xuntanza, á que asistiron as entidades que integran a rede, constituíronse dous comités executivos para acadar obxectivos concretos e desenvolver accións estratéxicas a medio e longo prazo, centrados en:
Así mesmo, informouse das próximas actuacións da rede, entre elas, a elaboración dun mapa de capacidades e da cadea de valor das tecnoloxías cuánticas en Galicia.
15 membros
A Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas é froito da colaboración entre a Administración, os centros tecnolóxicos e de investigación, as universidades e o sector empresarial para sumar esforzos e avanzar no liderado de Galicia en tecnoloxías cuánticas. Está composta polas entidades máis activas que traballan en materia cuántica en Galicia, en total, 15 membros, coa recente incorporación do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).
Esta rede inscríbese no impulso da comunidade ás tecnoloxías cuánticas a través do lanzamento do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia en 2022 co obxectivo de converter a Galicia nun referente europeo destas tecnoloxías en 2030. Para acadar esta misión, a Xunta confía en captar novos investimentos europeos para o CESGA, que contribúan a reforzar o liderado da comunidade en investigación cuántica.
Comments