Unirisco e Noso Capital organizan o 19 e 20 de febreiro a terceira edición do encontro Investir en ciencia si é rendible, no que se darán cita máis de 60 relatores en catro escenarios diferentes: a Cidade das TIC da Coruña e o CIMUS, o Biopolo Sionlla e o auditorio Abanca de Santiago de Compostela.
Cidade das TIC
O mércores 19 de febreiro celebrarase a xornada para investidores na Cidade das TIC da Coruña, onde se analizarán os novos desenvolvementos da intelixencia artificial para todo o ecosistema de innovación, a través dunha sesión que contará coa participación do presidente do Clúster TIC Galicia, así como de:
A continuación, Pablo Méndez, director da Área de IA de Altia, e Amparo Alonso, investigadora do CITIC, analizarán como a IA vai transformar as nosas vidas. Máis tarde, terá lugar a mesa “Galicia, pioneira no impulso”, que contará coa participación de:
Tras esta intervención, Juan Carlos Bugallo, socio fundador de Startups.st, presentará Node Hub, a incubadora de DeepTech impulsada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración con Incibe Emprende. Posteriormente, realizarase unha visita ao Estudo Inmersivo (CEI) da Cidade das TIC, e celebrarase o foro colaborativo Tech Angels Capital, no que participarán diversas empresas socias e inversores co obxectivo de impulsar spin-off tecnolóxicas.
Visita ao CIMUS
Con carácter paralelo, o 19 de febreiro en Santiago de Compostela, terá lugar unha visita ao Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), que contará coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora do propio CIMUS, Mabel Loza, Rocío Mosquera, presidenta do Clúster de Saúde de Galicia, e o reitor da USC, Antonio López, que analizarán os "Novos desenvolvementos da biotecnoloxía para o ecosistema de innovación".
Posteriormente, organizarase unha visita ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Pola tarde, os asistentes poderán acudir ás seguintes charlas no Biopolo Sionlla: “Impulsando a cultura da transferencia”, “A transferencia en España”, “Novas aproximacións á transferencia”, “Ecosistema revelación” e “Descubrindo proxectos”.
Xoves 20 de febreiro
As xornadas do 20 de febreiro comezarán cun acto no que participarán o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, Antonio López, de Unirisco, e Antonio Couceiro, de Noso Capital. Posteriormente, terán lugar oito mesas redondas nas que se abordarán distintas temáticas, como: “O investimento de Europa en soberanía tecnolóxica”, “A educación como base do emprendemento científico” ou “Investir en lonxevidade como imos vivir 120 anos?". Na clausura institucional procederase, ademais, á entrega dos premios Investir en Ciencia.
Cookies settings
We collect and process your personal information for the following purposes: Analytics, Security & Marketing.
Comments