O Clúster TIC Galicia participa na mesa de traballo "Estratexias para a atracción de talento" para estudar liñas de acción para cubrir vacantes tecnolóxicas

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia participa na mesa de traballo "Estratexias para a atracción de talento" para estudar liñas de acción para cubrir vacantes tecnolóxicas


Unha representación dos equipos de talento de empresas socias do Clúster TIC Galicia asistiron onte a unha mesa de traballo convocada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, para estudar liñas de acción dirixidas a facilitar a cobertura de vacantes que demanda o sector TIC galego. 

Durante a xornada, traballouse en como identificar e analizar as barreiras de acceso á man de obra, especialmente ao talento estranxeiro, informouse sobre a normativa de xestión colectiva de contratacións en orixe, así como sobre as vías e recursos xa en marcha por parte da administración autonómica para facilitar a incorporación ao mercado laboral galego de profesionais estranxeiros ou de persoas galegas residentes no exterior.

En paralelo, recolléronse as aportacións dos representantes das empresas asistentes. Estiveron, en representación do Clúster TIC Galicia, o presidente da entidade, Antonio Rodríguez del Corral, e as empresas socias Altia, Bahía Software, Cinfo, Imatia, Nunegal, Plexus e SG Tech.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies