O Clúster TIC Galicia desenvolve o Webinar “Proyectos IA360”

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia desenvolve o Webinar “Proyectos IA360”


O Clúster TIC Galicia celebrará o próximo xoves 25 de setembro, de 9:30 h a 11:00 h, o webinar “Proxectos IA360” no que se presentarán os 14 proxectos que as empresas socias levaron á convocatoria IA360, axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial (IG408M), convocadas polo Igape no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneratioUE.

Os proxectos que se amosarán son os seguintes:

  • Cinfo: TIIVII toolbox: sistema de IA
  • Deicom Technologies: RedIA. Análises de datos e IA aplicada á Supervisión avanzada de redes de baixa tensión.
  • Galvin Tecnológica ( Galvintec): MOODUL AR IA. Módulo de IA para optimizar sistemas de picking en almacéns e centros de distribución.
  • Ilux Visual Technologies: Mindforge. Máis alá dun buscador intelixente.
  • Imatia Innovation: IA360 – IMPILOT desenvolve copilotos de Intelixencia Artificial aplicados á  Administración Pública e aos servizos sociais, mellorando o acceso cidadá á información en sedes electrónicas e optimizando o traballo dos profesionalis sociais con ferrmentas intelixentes.
  • Imaxin: LYNX. Nova Xeración de Asistentes Intelixentes para a Transformación Dixital das empresas e administracións (Chatbot RAG).
  • In2AI: Prevención de acceso non autorizado a datos con asistentes conversacionais e monitorización de actividade para a avaliación de rendemento en produtividade de empregados.
  • Prefapp Cloud Consulting: Integración de IA en firestartr.dev.
  • Quobis: Smart Answer, solución de operador que responde chamadas entrantes de números descoñecidos cun asistente virtual baseado en IA.
  • Situm: GAIA (Geospatial Assistance for Intelligent Acknowledgment).
  • Sixtema: LEVAD-360, solución de xestión que mediante IA e recuperación aumentada busca converter información empresarial nun recurso estratéxico.
  • SREC Solution: SINVAD - Standard intelligent interactive virtual assistant design.
  • Tesla Technologies & Sof tware: INDICAGES: Plataforma de IA para a xestión e certificación de indicadores de sostenibilidade.
  • TorusWare & Vegalsa: PROVIA: optimización do proceso de provisión de servizos/productos especializados en tenda mediante Intelixencia Artificial.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies