O Clúster TIC Galicia cualifica a 4.750 persoas en 2024 e lanza o seu catálogo formativo para o vindeiro ano

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia cualifica a 4.750 persoas en 2024 e lanza o seu catálogo formativo para o vindeiro ano


  • Froito dun convenio de colaboración coa Consellería de  Emprego, Comercio e Emigración por un importe de 3,1 millóns de euros
  • O obxectivo  deste plan é mellorar as competencias e habilidades tecnolóxicas e transversais  da poboación para dar resposta á demanda do sector
  • No primeiro trimestre de 2025 está previsto formar a 3.000  novos empregados e desempregados


Dende o Clúster TIC Galicia vimos de abrir o prazo de solicitude para os cursos en materia tecnolóxica da nova convocatoria do noso plan  formativo, que se desenvolverá de xaneiro a marzo de 2025. A través deste programa, este ano cualificáronse un total de 4.753 persoas e impartíronse 192 cursos, sendo os máis demandados os de ChatGPT para profesionais, Project  Management Professional (PMP) e Hacking ético.

No primeiro trimestre de 2025, está previsto formar a 3.000 novos empregados e desempregados mediante 70 formacións, gratuítas e en liña, impartidas por profesionais en activo, expertos nas distintas materias. As temáticas abordadas van desde a intelixencia artificial á ciberseguridade, pasando por programación avanzada, desenvolvo web e de aplicacións ou metodoloxías agile.

O plan, que xa vai pola súa quinta edición, é froito dun convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta por un importe de 3,1 millóns de euros, para o período comprendido entre xaneiro de 2024 e marzo de 2025.

Está dirixido a autónomos, traballadores adscritos a un centro de traballo na nosa comunidade e desempregados rexistrados no Servizo Público de Emprego de Galicia. O obxectivo é mellorar as súas competencias e habilidades tecnolóxicas e transversais, incentivar a promoción profesional e promover o talento tecnolóxico para dar resposta á demanda das empresas e cubrir as necesidades actuais do mercado laboral.

Más de 10.000 alumnos  formados

Este programa, que se puxo en marcha en maio de 2022, leva formado a máis de 10.000 alumnos a través de 439 cursos. Está enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e conta en total, entre 2024 e 2025, cun orzamento de 3,1 millóns de euros, financiados con fondos europeos Next  Generation EU, canalizados a través do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, ademais da Xunta.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies