Hoy asistimos ao Roadshow A Coruña, organizado por Getronics, en colaboración con Thales España e Teradata, co obxectivo de explorar como levar a cabo unha xestión adecuada dos datos, un dos activos máis valiosos das empresas.
A través de distintos relatorios, déronse a coñecer as claves para garantir a seguridade dos datos e aproveitar todo o seu potencial de cara a xerar valor e obter información de relevancia para as compañías.
No evento participaron varios dos nosos socios, con especial relevancia de Getronics, como promotor da xornada. Así, por parte desta empresa, líder mundial en solucións tecnolóxicas, puidemos escoitar a Miguel Barahona, sales director de Getronics, ou a Iñaki Folgado, data analyst en Getronics, que ofreceu a ponencia: "Descifrando o Futuro: Navegando o Mar de Datos con Análise Intelixente".
Na mesa de debate, moderada por Manuel López, sales account manager en Galicia de Getronics, interviñeron Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Pilar Vila, CEO e cofundadora de Forensic & Security, Carlos Eloy Lopez Blanco, responsable de Risco Dixital en Hijos de Rivera, S.A.U., e David González González, Global CISO & CTO en COREN.
Comments