O Clúster TIC Galicia vén de adxudicar a SIXTEMA o concurso interno para a contratación dun analista funcional con experiencia e coñecementos técnicos para o deseño dunha plataforma web que integre diferentes funcionalidades para prestar servizos aos socios do Clúster TIC Galicia. Isto inclúe, entre outros aspectos, a creación de wireframes ou prototipos interactivos e a descrición dos procesos fundamentais que soporten de maneira precisa e completa as funcionalidades requiridas.
O órgano de valoración das ofertas recibidas, constituído polos membros do Comité de Dirección, Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, Francisco Javier Rodríguez, secretario da entidade, e Eduardo Egido, vogal da asociación, tras o estudo e baremación das ofertas presentadas por Acruxmartech, Getronics e Sixtema, decidiu elevar a proposta de adxudicación do contrato a favor de Sixtema, por obter a mellor puntuación no cómputo de criterios subxectivos ("Capacidade e experiencia" e "Melloras ou servizos adicionais") e no cómputo global segundo os criterios marcados nas bases ("Prezos ofertados" e "Horas estimadas de dedicación por cada empresa").
As empresas concursantes cuxas propostas non resultaron escollidas na contratación teñen ata o 17 de xuño de 2024, incluído, para presentar calquera tipo de alegación. Consulta aquí a acta da mesa de valoración de concurso interno entre socios.
Comments