11 xuño 2024
O Clúster TIC Galicia vén de adxudicar a Sixtema o deseño dunha plataforma web que integre diferentes funcionalidades para prestar servizos aos socios do propio Clúster TIC Galicia. Isto inclúe a creación de wireframes ou prototipos interactivos e a descrición dos procesos fundamentais que soporten de maneira precisa e completa as funcionalidades requiridas, entre outros aspectos. En concreto, as funcionalidades a deseñar son:
Xanela única. Plataforma que xestione as demandas do mercado desde a entrada da mesma ata presentación de propostas de ofertas de empresas rexistradas no Mapa TIC.Módulo de facturación integrado coa base de datos de socios e ...