O Clúster TIC Galicia aborda os retos tecnolóxicos do sector téxtil-moda en Galicia nunha xornada organizada por Cointega

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia aborda os retos tecnolóxicos do sector téxtil-moda en Galicia nunha xornada organizada por Cointega


O Clúster TIC Galicia estivo presente na xornada "Reinvención do Sector Téxtil-Moda en Galicia", organizada por Cointega (Clúster Textil-Moda de Galicia) en Santiago de Compostela, e patrocinada pola nosa asociada Imatia e polo Banco Sabadell.

O presidente da entidade, Antonio Rodríguez del Corral, participou na mesa redonda “Procura de vantaxes competitivas a través da complementariedade intersectorial”, onde abordou os retos tecnolóxicos do sector, xunto a outros profesionais:

  • Alberto Rocha, secretario xeral do Clúster Textil-Moda de Galicia (Cointega).
  • Norberto Penedo Rey, director da Área Competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
  • Iago Domínguez, xerente do Clúster da función loxística de Galicia.
  • Rocío Mosquera Alvarez, presidenta do Clúster Saúde de Galicia (CSG).

Na xornada tamén se analizou a situación actual do sector téxtil-moda e afondouse nas claves para a súa reinvención en Galicia, realizouse un ciclo de relatorios no que interviñeron Fernando Vázquez, director xeral de Imatia, e Miguel A. Alonso, director do equipo de empresas Galicia Norte do Banco Sabadell. 

Ademais, presentouse a renovada Xunta Directiva, con Javier Guerra como novo presidente, e déronse a coñecer as modificacións estatutarias e o Plan Estratéxico de Cointega.

Fotografía: Clúster Textil-Moda de Galicia

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies