O Clúster TIC, a Universidade de Vigo e Imatia colaboran no lanzamento dun Curso de Posgrao pioneiro en Galicia

Óscar Santos Rodríguez,

O Clúster TIC, a Universidade de Vigo e Imatia colaboran no lanzamento dun Curso de Posgrao pioneiro en Galicia


O Clúster TIC colabora coa Universidade de Vigo e coa empresa de desenvolvemento de Software Imatia Innovation, no lanzamento do Programa de Posgrao en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital.


Este curso foi deseñado especialmente para persoas que son conscientes do enorme potencial das empresas dixitais, pero que carecen dos coñecementos técnicos ou empresariais necesarios para poder entrar no mundo tecnolóxico e dos negocios, cun enfoque moi práctico e orientado ao traballo real nas empresas.    

¿A quen está dirixido?   

  • Graduados en titulacións de ámbito empresarial: (ADE, Empresariais, Dereito, Comercio e Marketing, Turismo, Deseño...) que adquirirán as capacidades técnicas necesarias para traballar no el sector tecnolóxico.  
  • Graduados en carreiras técnicas: (Informática, Telecomunicacións, Industriais, Matemáticas, Física...) que desexen dominar as tecnoloxías que empregan as empresas e aprender a aplicalas aos negocios dixitais.  
  • Profesionais das TIC en activo: que queiran desenvolver novas competencias técnicas, metodolóxicas, de liderado e de negocio.    

Saídas laborais  


  • Técnicas: desenvolvemento de software, técnico de soporte, control de calidade, etc.  
  • Consultoría: transformación dixital, análise funcional, industria 4.0, etc.  
  • Desenvolvemento empresarial: marketing e vendas de produtos tecnolóxicos, etc.   • Xestión: xestión de equipos, Scrum master, xestor de produtos, etc.  
  • Emprendedores: comercio electrónico, aplicacións empresariais, servizos de desenvolvemento das TIC, etc.      

Información de interese   


Comezo: 30 de setembro 

Horarios: na Empresa (luns a venres de 9:00 a 14:00) 
Horarios: na Universidade (luns a xoves de 16:00 a 19:00) 

Duración: 9 meses (6 meses de traballo remunerado) 

Prezo: 3.000 euros, con posibilidades de beca 

Pre rexistro: A través da web de Imatia https://www.imatia.com/es/software-y-negocio-digital/

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies