Inforhouse leva mais de 30 anos sendo Business Partner de IBM. Esta traxectoria comezou coa venda de equipamentos de hardware para postos de traballo e centros de proceso de datos, e foi continuado de xeito acorde á evolución da que segue a ser a marca TI líder mundial, que fixo unha orientación estratéxica, dende o ano 2005, cara solucións innovadoras baseadas en software, servizos e IA, sen descoidar a gama de almacenamento FlashSystem ou as plataformas Power.
Tras a actualización do ecosistema de Partners que tivo lugar este ano, Inforhouse revalidou a súa condición de socio, o que acredita a disposición de requirimentos en canto a cifras de negocio ec ompetencias profesionais do equipo comercial e técnico de Inforhouse.
Inforhouse está consolidada á cabeza dos Partners de IBM de Galicia, grazas aos proxectos que levou e leva a cabo en organizacións privadas e Administración Pública en toda Españade subministro, mantemento e actualización de solucións de software IBM (Informix, Websphere, SPSS, etc.), desenvolvemento e implantación de chatbot baseado en tecnoloxía IBM Watson e subministro de plataformas de almacenamento e Power.
Comentarios