Inforhouse leva mais de 30 anos sendo Business Partner de IBM. Esta traxectoria comezou coavenda de equipamento hardware para posto de traballo e centros de proceso de datos, e foicontinuado de xeito acorde á evolución da que segue a ser a marca TI líder mundial, que fixo unhaorientación estratéxica, dende o ano 2005, cara a solucións innovadoras baseadas en software,servizos e IA, sen descoidar a gama de almacenamento FlashSystem ou as plataformas Power.
Tras a actualización do ecosistema de Partners que tivo lugar este ano, Inforhouse revalidou a súacondición de socio, o que acredita a disposición de requirimentos en canto a cifras de negocio ecompetencias profesionais do equipo comercial e técnico de Inforhouse.
Inforhouse está consolidada á cabeza dos Partners de IBM de Galicia, grazas aos proxectosque levou e leva a cabo en organizacións privadas e Administración Pública en toda Españade subministro, mantemento e actualización de solucións de software IBM (Informix, Websphere, SPSS, etc.), desenvolvemento e implantación de chatbot baseado en tecnoloxía IBM Watson esubministro de plataformas de almacenamento e Power.
Comments