SAEC DATA presentou con éxito no CDTIC as súas solucións para a industria transformadora de produtos da pesca

SAEC DATA presentou con éxito no CDTIC as súas solucións para a industria transformadora de produtos da pesca


SAEC DATA participou o mércores 21 de decembro na xornada organizada polo Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC), onde presentou as súas solucións tecnolóxicas para a industria transformadora de produtos da pesca.

Segundo asegura a empresa a través da súa páxina web e no seu perfil de Twitter, a presentación, que resultou un éxito, consistiu nunha demostración sobre unha solución enfocada á clasificación, automatización, trazabilidade e comercialización de produtos pesqueiros, así como dunha máquina de clasificación de vieiras mediante tecnoloxía de visión artificial.

Ir á web de SAEC DATA

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies