SAEC DATA participou o mércores 21 de decembro na xornada organizada polo Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC), onde presentou as súas solucións tecnolóxicas para a industria transformadora de produtos da pesca.
Segundo asegura a empresa a través da súa páxina web e no seu perfil de Twitter, a presentación, que resultou un éxito, consistiu nunha demostración sobre unha solución enfocada á clasificación, automatización, trazabilidade e comercialización de produtos pesqueiros, así como dunha máquina de clasificación de vieiras mediante tecnoloxía de visión artificial.
Ir á web de SAEC DATA
Comments