O próximo 2 de maio, na Cidade da Cultura, terá lugar a Xornada DICO in motion co obxectivo de presentar e poñer en marcha o DICO Mindset. Trátase dun plan de acción para impulsar durante os anos 2018-2020 o sector dos contidos dixitais en Galicia, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os Clústers TIC e Audiovisual.
Este plan xurde do proxecto Viraxe TIC, que se elaborou coa colaboración dos Clústers TIC e Audiovisual, e co que foi posible realizar unha análise profunda para identificar as oportunidades de negocio no ámbito dos contidos dixitais en Galicia. Este programa permitiu tamén poñer en marcha servizos de asesoramento e celebrar foros de networking para promover e reforzar alianzas entre entidades locais e expertos de recoñecido prestixio a nivel internacional.
Xornada DICO in motion
Inaugurarán a xornada Mar Pereira, directora de Amtega, Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual Galego, e Antonio Rodríguez, presidente do Clúster TIC Galicia, quenes amosarán as principais características e expectativas do Plan DICO Mindset, orientado a reforzar o capital humano, desenvolver proxectos innovadores e fomentar a competitividade dixital dun sector con 900 empresas e máis de 5.000 empregados en Galicia.
O evento contará coa asistencia do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez, e o director de Innovación e Negocio da CRTVG, José Pereira. Na súa intervención amosará as últimas tendencias interactivas incoporadas na televisión pública que seguen as novas tendencias nos hábitos de consumo de contidos dixitais: segundas pantallas de realidade aumentada para dispositivos móviles, canles multimedia adaptadas ó compartamento do usuario e canles temáticas interactivas de contidos educativos.
2 de maio de 2018, de 9:30 h. a 12:00 h.
Sala Eisenman, na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
Traballadores, persoas que ocupan postos de responsabilidad, emprendedores e autónomos do sector de contidos dixitais de Galicia. Xerentes, responsables ou persoal técnico das áreas de comunicación ou marketing das empresas de calquera sector. En xeral, calquera persoa interesada no ámbito dos contidos dixitais.
Amtega, Clúster TIC Galicia e Clúster Audiovisual Galego
Rexistro a través de https://cdtic.xunta.gal/dico-mindset
Comments