Empresas punteiras do sector tecnolóxico amosaron fronte a máis de medio centenar de clientes potenciais e investidores privados as solucións innovadoras que se están a desenvolver e comercializar en Galicia, en sectores como a automoción, a alimentación, o audiovisual e o desenvolvemento e deseño de software.
A presentación tivo lugar durante a Xornada Tecnolóxica do Cluster TIC Galicia, desenvolvida en colaboración co IGAPE, e celebrada esta mañá na Cidade da Cultura.
O acto contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen asegurou que “as empresas participantes na xornada de hoxe son a mostra de que a revolución tecnolóxica xa chegou á industria galega”. Ademáis, sinalou que Galicia é a quinta comunidade en número de empresas TIC e ratificou o compromiso da Xunta coa industria 4.0 e a innovación a través do Plan Galicia Innova 2020, que prevé a mobilización de 1.775 millóns de euros neste eido”.
Pola súa banda, Antonio Rodríguez, presidente do Cluster TIC Galicia, puxo en valor o pulo e o potencial do sector TIC galego, “con numerosas empresas con produtos innovadores dixitais listos para comercializarse a nivel mundial”.
O encargado de abrir a rolda de presentación foi o director de Operacións da empresa viguesa Xesol Innovation, Sergio Hernández, que deu a coñecer Xesol Drive, un software avanzado de condución autónoma dotado con intelixencia artificial que identifica, rastrea e predice as traxectorias de automóbiles, recoñece as sinais de tráfico, a posición do carril e o tipo de calzada, mellorando, entre outras vantaxes, a experiencia do usuario e a seguridade durante a conducción. Neste senso, Hernández amosou outras das novas solucións nas que están a traballar, como é o caso do novo programa capaz de detectar a fatiga e as distraccións do conductor, que próximamente lanzarán ó mercado.
None
Tras a súa intervención, o CEO da empresa coruñesa de desenvolvmento de software Tecalis, Isidoro Martínez, un dos seus cofundadores, Alberto Campos, e a súa directora de Desarrollo Corporativo, Berta Caro, expuseron o seu caso de éxito a hora de garantir unha maior seguridade da firma electrónica no mundo das transaccións, mediante a aplicación do blockchain. Tecalis emprega esta texnoloxía na súa ferramenta de firma electrónica Signen, coa que conseguiron tamén gañar en axilidade e accesibilidade na sinatura de acordos entre usuarios.
None
O sector audiovisual tamén estivo moi presente na xornada, representado por Cinfo e a súa novedosa tecnoloxía multicámara na nube, que permite ao espectador seleccionar as imaxes que desexa ver durante a retransmisión dun evento, xa sexa deportivo, cultural, etc; e Councilbox, con seu sistema par aportar seguridade xurídica a xuntanzas virtuais ou presenciais, como consellos de administración ou xuntas de accionistas, de forma automatizada.
Durante o evento déronse a coñecer tamén novas fórmulas para xestionar os procesos empresariais, como o sistema de xestión para a industria alimentaria de AVA, a tecnoloxía de Business Intelligence de Ozona, a de xeolocalización en interiores de Situm e a plataforma de gamificación Dogoplay de Cleventy.
None
Comments