O Clúster organiza cinco mesas de traballo arredor dos intereses principais do sector.

Óscar Santos Rodríguez,

O Clúster organiza cinco mesas de traballo arredor dos intereses principais do sector.


Ferramentas para a análise do sector TIC en Galicia

A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación.

Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC.

Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking gratuito para os asistentes. Ao remate das mesas extraenranse conclusións e levarase a cabo un debate para buscar as medidas que favorezan ao posicionamento do colectivo sectorial como referente.


HUBs de innovación, lexislación laboral e formativa, captación de recursos e oportunidades de negocio para o sector TIC galego

As áreas de relevancia que se analizarán nesta edición son

  • Mesa HUB de Innovación

Dentro do actual escenario de lanzamento de dous HUB de innovación por parte da Xunta de Galicia, analizarase o plantexamento destas estruturas e tamén o posicionamento do Clúster TIC nestas novas redes de fomento da dixitalización marcadas pola Comisión Europea. Os futuros HUB de innovación recibirán financiamento directo da Unión Europea en modo Cascade Funding polo que se converteran en canalizadores de fondos europeos para empresas.Os socios convidados a esta mesa son os seguintes: 3.14 FINANCIAL; ASIGAL; ATOS; AVA; CESGA; CINFO; CLOUD FACTORY; CONFIRMSIGN; LIBREBIT; EGATEL; ESTRATEGA; CITIC; HACCE; HPE; IDOM; IGALIA; ITERDATA; R; RETEGAL; SIXTEMA e TESLA.

  • Mesa Formación

Esta mesa ten como obxectivo informar de novas convocatorias públicas de apoio á formación de empregados. Tamén se busca propoñer melloras a convocatorias xa pechadas co fin dun maior aproveitamento do finanzamento público á formación. Outro obxectivo que se terá presente é a busca de medidas para mellorar a formación de empregados e desempregados para presentarllas a Administración e aumentar a oferta de recursos humanos para o sector TIC.As seguintes empresas están convidadas a esta mesa: ACADEMIA POSTAL; SOFTIC; CLICTIC; COMPUTER-3; CPEIG; DOS ESPACIOS; FORENSIC & SECURITY; GALICLOUD; FORMACIÓN EGS; IMATIA; INDRA; CLEVENTY; NOLEGALTECH; PEOPLE AND MARKET; INPROSEC; SERVIGUIDE; SICOM; SOFTWCARE; SOFTWHISPER e STREAMING GALICIA.

  • Mesa Laboral

No marco do recente convenio colectivo estatal de empresas de consultoría e estudios de mercado e da opinión pública, elaborar un inventario de boas prácticas a establecer como recomendacións por parte do Clúster e que complemente a dito convenio.Nesta mesa os asociados convidados serán: AACCENTIA; ABERTAL; AITIRE; APDTIC; AGGETT; DATALAWYERS; DEZA; DINAHOSTING; INTERGAL; PROSEGUR; SEIDOR; ITELSIS; SATEC; SIVSA; TAGEN ATA; PLEXUS; TERRAVANZA; VISUAL PUBLINET; YOURSPACE; ZADIA SOFTWARE e ZEMSANIA.

  • Novos recursos

Ante novas necesidades detectadas entre os asociados, búscanse medidas para incrementar as vocacións en carreiras STEM, tamén distintas estratexias para unha maior captación de recursos financeiros para proxectos tecnolóxicos e por último, ideas e medidas para obtención de maior oferta de solo tecnolóxico.Socios convidados a esta mesa: ALTIA; BAHÍA; CAFEDERED; CAI; CORUNET; DEINDO IDEAS; DIMENSIONA; WINDSOCK; ENXENIO; EVELB; EVERIS; SISTEMIUS; DESARROLLO SEO; IGALIA; ICARTO; MACROTEST; REDEGAL; SICASOFT; TECALIS e WIRELESS GALICIA.

  • Negocio

En reunións recentes coa administración pública propúxose ao Clúster inventariar solucións e proxectos tecnolóxicos de aplicación na administración. Nesta mesa trataráse de catalogar ideas e solucións de aplicación de novas tecnoloxías a servicios públicos para presentarllas conxuntamente.Os socios convidados son: ALDABA; ANUBÍA; APPENTRA; AVANSIG; COUNCILBOX; ENXENDRA; IMAXIN SOFTWARE; ILUX; IMAGAMES; INFORHOUSE; INFONET; ÍTACA; MUUTECH; OZONA; QUERES; SCIO SOFT; SERINFER; SITUM; TEIMAS; TELECON GALICIA e TORUS SOFTWARE. 


Tralo peche da sesión de debate os asistentes poderán sumarse de forma gratuita a un almorzo de networking. Ao rematar a sobremesa dará comezo a Asemblea Xeral Ordinaria (primeira convocatoria 15:30, segunda convocatoria 16:00) na Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies