Máis de vinte empresas do Cluster obteñen subvencións dos programas de Investigación Aplicada, Peme I+D e I+D Suma

Máis de vinte empresas do Cluster obteñen subvencións dos programas de Investigación Aplicada, Peme I+D e I+D Suma


O Cluster TIC Galicia felicita ás 22 de empresas integradas na organización ás que lle foron adxudicadas subvencións para desenvolver proxectos correspondentes aos programas sectoriais de Investigación Aplicada, Peme I+D e I+ D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. A concesión destas axudas corresponde a unha resolución da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia do 13 de decembro.

As empresas  e proxectos que obteñen subvención das diferentes liñas de axudas son as seguintes:


Tecnoloxía da Información e as Comunicacións (TIC)













































































Empresa Proxecto Custo do proxecto (€) Porcentaxe concedida
Bastet Ingeneria Save: sistema avanzado de videovixilancia eficiente con tarxeta gráfica. 140.766,00 70%
Blusens Technology STBTY: dispositivos de fogar para acceso a contidos multimedia converxentes, baseado sen tecnoloxía de alta densidade. 539.055,00 35%
Egatel Internacionalización Egatel – modulador TDT ISDB-TB. 87.021,33 25%
Egatel Emulsion: emergency and multimedia satellite interface on-the-move. 289.480,00 25%
Imatia Innovation Investigación e desenvolvemento dunha plataforma de prestaci´n de servizos de visión artificial baseada en cloud computing. 88.858,33 45%
Imaxdi Real Innovation Vcc-dinaweb: investigación e desenvolvemento dun sistema de escalado dinámico de aplicacións web para entornos virtualizados de cloud computing. 131.200,00 45%
Optare Solutions Intrexng. 166.348,67 70%
Redegal Sistema aberto de filtrado ati-spam para xestores de contidos dixitais. 118.547,65 45%
Tecnoloxías Plexus Sistema de xestión de etiquetas de tinta electrónica destinadas á actualización dos prezos nos lineais dos establecementos comerciais. 90.231,44 35%
Tredess 2010 Deseño e desenvolvemento dun sistema compacto multicanal de gap-fillers e transmisores para TDT baseados no estandar dvb-t2 88.452,67 25%
Wireless Galicia Interacce: estudo, deseño e caracterización de novas interfaces intuitivas e multimodais adaptables a usuarios con diversidade funcional. 105.535,00 70%

Deseño e Produción Industrial





























Empresa Proxecto Custo do proxecto (€) Porcentaxe concedida
GRG Soluciones Informáticas Investigación para o desenvolvemento dun dispositivo de monotorización e control de recargas de vehículos eléctricos. 133.702,76 45%
Igalia Novos modelos de planificación nos procesos productivos do Sector Naval. 161.817,75 45%
Imatia Innovation Detección do estado do pantógrafo mediante técnicas de visión artificial. 93.976,00 45%


Sociedade e Información



























































Empresa Proxecto Custo do proxecto (€) Porcentaxe concedida
2Mares Demil Vhomo: modelado do comportamento do usuario na web semántica. 118.401,60 70%
Bahía Software MDCAD: unha infraestructura de supercomputación para servizos avanzados de imaxe médica. 56.725,00 60%
Badilea Consulting&Programming Oficina económica virtual do concello. 76.103,00 35%
Everis Spain Sistema de codificación automática de información clínica con SNOMED-CT e CIE 9-MC baseado en redes de neuronas artificiais. 83.370,00 25%
Factoria de Software e Multimedia Coruxa biomedical text mining: extractor e codificador automático de información médica relevante mediante o uso da enxeñería lingüística en código aberto. 68.262,00 70%
Netex Knowledge Factory Plataforma para la gestión semántica de planes personales de formación. 313.316,00 60%
Netex Knowledge Factory Novas ferramentas educativas: realidade aumentada e mobilidade. 166.797,50 60%
Wireless Galicia Healthpaht: estudo, deseño e caracterización dun sistema de execución de guías médicas a través de fluxos de traballo baseados en ontoloxías. 90.786,50 70%


Sociedade e Cultura





























Empresa Proxecto Custo do proxecto (€) Porcentaxe concedida
Ayco Internet PI2E: páxina inicial i-google de e-learning. 133.153,00 70%
Ineo Benchmarking tecnolóxico en Ineo-Bench 32.550,00 45%
Scio Soft Proxecto omni asistente virtual. 174.035,50 70%


Turismo























Empresa Proxecto Custo do proxecto (€) Porcentaxe concedida
Scio Soft 50.141,00 45%
Info JC Intor Turismo Intelixente 151.035,00 70%

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies