Data de nacemento: 4 de xaneiro de 1971. Casado con 3 fillos.
Responsable: Coordinación dos distintos departamentos de VISUAL PUBLINET SL, con especial fincapé na área comercial de Proxectos, Marketing, Consultoría empresarial na rede, ademais do labor de xestión da empresa.
Asesor e consultor sénior para empresas que desexan desenvolver e potenciar a súa presenza e comunicación na rede.
Especializado en Sistemas da Información para a Proxección Económica de empresas no noso medio INTERNET. Con vocación comercial, emprendedora e de xestión empresarial.
Traxectoria: Representante de Intel Ibérica para a Rexión Noroeste de España, ao igual que para Norton, Simantec, Ingrand Micro e outros (como asesor a cadeas informáticas e grandes superficies comerciais de produtos de ditas empresas)
Como Emprendedor: Experiencia como emprendedor desde os 20 anos na empresa CDC INFORMÁTICA durante 3 anos.
Socio fundador de VISUAL PUBLINET SL. (aos 24 anos – até a actualidade).
Socio fundador de GALICIANET, servizos tecnolóxicos e Comunicación S.L..
Socio fundador de GALICABANNER S.L. (vendida posteriormente ao GRUPO ELOGIA).
Socio fundador de MIOLO (Consultoría de I+d+i), ISONOVA (Consultora de Calidade e Medio Ambiente), HUSET INVERSIONES (Tendas de cartuchos de impresión).
Vicepresidente de EGANET na súa segunda e cuarta lexislatura (Empresas Galegas Adicadas a Internet) e membro de ISOC (Internet Society) no seu capítulo galego.
Membro de Comité Estratéxico do Clúster Tic de Galicia,na súa primeira, segunda e cuarta lexislatura.
Presidente da Asociación de empresarios dos Rosales de A Coruña. (2010-2012).
Fáganos unha presentación da súa función e responsabilidade como membro do CODI e cáles son os obxectivos que se marca?
A miña misión como representante das Pemes, no CLÚSTER, será a de potenciar as sinerxías entre empresas, mediante eventos e outras ferramentas, e potenciación de servizos de interese para os socios.
A miña intención será a de potenciar distintas ferramentas e servizos para que un socio poida xerar negocio grazas ao CLÚSTER.
Igualmente a miña responsabilidade dentro do CODI será a de actuar como representante das pemes no CODI, naquelas pemes que se estean internacionalizando no Clúster, grazas ao apoio, contactos ou oficinas das grandes.
Comentarios