Entrevista a Miguel Bugarín

Entrevista a Miguel Bugarín


Data de nacemento: 4 de xaneiro de 1971. Casado con 3 fillos.
Responsable: Coordinación dos distintos departamentos de VISUAL PUBLINET SL, con especial fincapé na área comercial de Proxectos, Marketing, Consultoría empresarial na rede, ademais do labor de xestión da empresa.
Asesor e consultor sénior para empresas que desexan desenvolver e potenciar a súa presenza e comunicación na rede.
Especializado en Sistemas da Información para a Proxección Económica de empresas no noso medio INTERNET. Con vocación comercial, emprendedora e de xestión empresarial.
Traxectoria: Representante de Intel Ibérica para a Rexión Noroeste de España, ao igual que para Norton, Simantec, Ingrand Micro e outros (como asesor a cadeas informáticas e grandes superficies comerciais de produtos de ditas empresas)
Como Emprendedor: Experiencia como emprendedor desde os 20 anos na empresa CDC INFORMÁTICA durante 3 anos.
Socio fundador de VISUAL PUBLINET SL. (aos 24  anos – até a actualidade).
Socio fundador de GALICIANET, servizos tecnolóxicos e Comunicación S.L..
Socio fundador de GALICABANNER S.L. (vendida posteriormente ao GRUPO ELOGIA).
Socio fundador de MIOLO (Consultoría de I+d+i), ISONOVA (Consultora de Calidade e Medio Ambiente), HUSET INVERSIONES (Tendas de cartuchos de impresión).
Vicepresidente de EGANET na súa segunda  e cuarta lexislatura (Empresas Galegas Adicadas a Internet) e membro de ISOC (Internet Society) no seu capítulo galego.
Membro de Comité Estratéxico do Clúster Tic de Galicia,na súa primeira, segunda e cuarta lexislatura.
Presidente da Asociación de empresarios dos Rosales de A Coruña. (2010-2012).

Fáganos unha presentación da súa función e responsabilidade como membro do CODI e cáles son os obxectivos que se marca?

A miña misión como representante das Pemes, no CLÚSTER, será a de potenciar as sinerxías entre empresas, mediante eventos e outras ferramentas, e potenciación de servizos de interese para os socios.

A miña intención será a de potenciar distintas ferramentas e  servizos para que un socio poida xerar negocio grazas ao CLÚSTER.

Igualmente a miña responsabilidade dentro do CODI será a de actuar como representante das pemes no CODI, naquelas pemes que se estean internacionalizando no  Clúster, grazas ao apoio, contactos ou oficinas das grandes.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies