A IV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia busca patrocinadores

A IV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia busca patrocinadores


Un ano máis, desde o CPEIG estase a traballar na organización da IV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que terá lugar o día 23 de novembro en Santiago de Compostela.

Con este evento, o CPEIG busca homenaxear a todos os colexiados e entregar unha serie de galardóns recoñecendo o traballo das distintas entidades e persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática de Galicia.

Non obstante, o CPEIG busca entidades que actúen de patrocinadores ou colaboradores para a organización do evento, ofrecéndolles a estes a posibilidade única de participar na gala.

A colaboración económica terá como contraprestación para a entidade a situación dun representante seu nun lugar destacado durante a cea e a presenza do logotipo en todo o material divulgativo que se realice con motivo do evento, ademáis da mención do nome da entidade colaboradora nos comunicados de prensa que se difundan aos medios de comunicación.  O CPEIG establece dúas categorías de patrocinio:

  • Ouro (3.000 euros). A entidade patrocinadora terá dereito a 6 convites para asistir á gala.
  • Prata (1.500 euros). A entidade patrocinadora terá dereito a 4 convites para asistir á gala.

Fonte: CPEIG
Máis información, ver Dossier

Dossier IV Noite dá Enxeñaría en Informática de Galicia

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies