Un ano máis, desde o CPEIG estase a traballar na organización da IV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que terá lugar o día 23 de novembro en Santiago de Compostela.
Con este evento, o CPEIG busca homenaxear a todos os colexiados e entregar unha serie de galardóns recoñecendo o traballo das distintas entidades e persoas destacadas no ámbito da Enxeñaría en Informática de Galicia.
Non obstante, o CPEIG busca entidades que actúen de patrocinadores ou colaboradores para a organización do evento, ofrecéndolles a estes a posibilidade única de participar na gala.
A colaboración económica terá como contraprestación para a entidade a situación dun representante seu nun lugar destacado durante a cea e a presenza do logotipo en todo o material divulgativo que se realice con motivo do evento, ademáis da mención do nome da entidade colaboradora nos comunicados de prensa que se difundan aos medios de comunicación. O CPEIG establece dúas categorías de patrocinio:
Comments