· A antiga Fábrica de Armas acolleu o acto de firma do convenio de cogobernanza do vicepresidente económico da Xunta, o presidente da Deputación, a alcaldesa da Coruña, o presidente do Clúster TIC eo reitor da UDC.
· Todos os asinantes coincidiron en valorar o proxecto da Cidade das TIC como un revulsivo da economía galega.
· Formarase unha xestora provisoria que, no prazo máximo dun ano, terá que elaborar o PlanDirector e constituír a sociedade que xestione a Cidade das TIC.
A biblioteca da antiga Fábrica de Armas da Coruña acolleu esta mañá o acto de firma do Convenio para a elaboración do Plan Director e Constitución da Estrutura de Cogobernanza da Cidade das TIC que asinaron a alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey García; o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, FranciscoConde, en calidade de presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín González Formoso; o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde.
“Arrancamos este proxecto de futuro co que estamos moiilusionados”, confesou o reitor, agradecendo a todas as administracións a súa implicación e apoio para materializar a Cidade das TIC. Para o Delegado do Goberno en Galicia, este proxecto supón cambiar “rifles e proxectís por computadorase chips”. Miñones amosou o seu convencemento e o do Goberno de España en queeste proxecto será “un referente tecnolóxico que lidere unha nova era industrial na cidade da Coruña”.
O vicepresidente económico, pola súa banda, deixou constancia do compromiso da Xunta de Galicia coa Cidade das TIC, un dos proxectos incluídos na candidatura galega aos fondos europeos Next Generation eco que se pretenden mobilizar 55M€. Conde foi rotundo ao afirmar que “a Cidade das TIC será un revulsivo da economía galega”. O conselleiro cualificou o polo tecnolóxico en que se converterá a Cidade das TIC como “unha gran idea”. Afirma do convenio de cogobernanza é “o primeiro dos pasos” co que se planificao futuro da Cidade das TIC, no que “debemos seguir traballando con espírito de cooperación”. Finalmente, Francisco Conde adiantou que o proxecto da Cidade dasTIC estará incluído no Plan estratéxico para o sector TIC que a Xunta vai impulsar no ano 2022.
A alcaldesa cualificou o día de hoxe como un “momento decisivo” para a Coruña e a súa comarca. O convenio asinado, afirmou, é o “pulo decisivo para a posta en marcha dunha infraestrutura estratéxica para a cidade”. Inés Rey amosouse convencida de que o proxecto vai converter á Coruña nunha referencia nacional e internacional que xerará emprego e aumentará a competitividade da cidade.
O presidente da Deputación ratificou con contundencia a importancia do proxecto da Cidade das TIC. “Estamos sentando as bases do proxecto estratéxico máis importante para Galicia nos próximos anos” que vai cambiar “o modelo produtivo”. González Formoso recalcou ademais o apoio das diversas administracións no proxecto. “Nun contexto de incertezas que as administracións sexan capaces de unirse para sacar adiante un proxecto como este é vital”, dixo. “Este é o modelo que temos que seguir”, desexou.
Nesta liña de colaboración conxunta de distintas administracións incidiu tamén o presidente do Clúster TIC Galicia. “É moi difícil conseguir o que se consegue hoxe” coa firma do convenio pero “o proxecto o merece”, continuou. Rodríguez del Corral asegurou que “a Cidade dasTIC será o punto clave do apoio para todo sector industrial de Galicia e o grande xacemento de emprego dos próximos dez anos”. “É un elemento clave da economía do futuro de Galicia”, resumiu o empresario.
O convenio que se asinou hoxe ten como obxectivo sentar as bases de colaboración entre as partes para dinamizar a construción e dotación da Cidade das TIC de xeito que se poida materializar no menor tempo posible. Desta forma, as primeiras actuacións son a elaboración do Plan Director da Cidade das TIC e o deseño e posta en marcha da súa estrutura de gobernanza, cun prazo máximo de realización dun ano a partir da firma do convenio.
O Plan Director establecerá a folla de ruta do proxecto da Cidade das TIC. Incluirá, entre outros aspectos, un plan estratéxico cos seus obxectivos a curto e medio prazo e un plan de xestión co deseño dun modelo de negocio sustentable, ademais dun plan de sustentabilidade económico-financeiro e a constitución dunha nova sociedade xestora da Cidade das TIC.
A entidade xestora da Cidade das TIC será unha entidade decidida polos socios asinantes. Mentres non se constitúa formalmente haberá unha estrutura provisoria impulsada por unha comisión de seguimento presidida polo reitor da UDC, Julio Abalde, e formada por un representante de cada unha das entidades: a Xunta, a través do Igape; Deputación, Concello e Clúster.
O orzamento para a execución do convenio asinado hoxe é de 180.000 euros, dos que o Concello da Coruña aporta 75.600€; a Xunta, a través do Igape, 36.000€; a Deputación, 36.000€; a UDC, 30.600€; e o Clúster, 1.800€.
O acto de firma do convenio contou coa asistencia doDelegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a directora do Campus Innova daUDC, Susana Ladra, o Delegado de Defensa en Galicia, Antonio Bernal, aSubdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o Delegado Territorial daXunta na Coruña, Gonzalo Trenor, así como membros da comunidade universitaria e representantes institucionais e do sector empresarial.
Cidade das TIC
O 18 de febreiro de 2020 oMinisterio de Defensa resolveu outorgar unha concesión demanial á Universidadeda Coruña sobre os terreos e as instalacións que conforman a propiedade denominada Fábrica de Armas da Coruña.
A Cidade das TIC desenvolverase na totalidade do terreo e comprende todos os inmobles da Fábrica de Armas.Cunha superficie aproximada de 127.943 m2, os seus principais inmobles están formados por sete naves industriais da antiga Fábrica: almacén xeral; prensas e canóns; revisión e metroloxía; forza, pulimento e tratamentos térmicos; mecanismos, montura e montaxe; diversas, electricidade, caldeiraría e soldadura; e tratamentos superficiais e areado, así como outros edificios do complexo. Sobre estas instalacións e terreos crearase a Cidade das TIC, un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia a nivel nacional e internacional que actúe como un demostrador de tecnoloxías emerxentes, de apoio ao tecido empresarial pola prestación de servizos tecnolóxicos avanzados non dispoñibles en Galicia, que facilite a instalación de empresas do sector e serva como vector de crecemento e dinamización económica grazas á creación de startups, o impulso da I+D+i, o fomento do emprendemento e a atracción de empresas multinacionais.
A Cidade das TIC será un ecosistema TIC dinámico e vangardista que combinará infraestruturas de innovación e servizos TIC avanzados para a innovación industrial; un campus tecnolóxico vinculado á UDC con cabida para un centro de I+D en novas tecnoloxías; unha incubadora empresarial de alta tecnoloxía centrada principalmente en Intelixencia Artificial e BigData; un centro demostrativo e de servizos avanzados que proporcione novos servizos tecnolóxicos ás empresas; espazos de formación e difusión TIC; un parque empresarial TIC para o aloxamento de pequenas e grandes empresas tecnolóxicas, e servizos de apoio á Cidade.
O proxecto da Cidade das TIC está entre os candidatos a recibir fondos Next Generation. No ano 2020, a Cidade das TIC recibiu o apoio financeiro de 4,8 millóns de euros da Xunta deGalicia, a través do Igape, para a construción do Centro de Servizos Avanzados(CSA). Ademais, o proxecto Galaxy-Lab do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG),outra entidade que se asentará na Cidade das TIC, recibirá da Axencia Galega deInnovación (Gain), dependente de la Consellería de Economía, unha subvención de579.850 euros para a posta en marcha deste laboratorio no que se dedicará a experimentar con vehículos aéreos non tripulados (drons) para o transporte de mercadorías e pasaxeiros en contornos urbanos. Segundo avanzou o reitor, nun prazo de catro meses se habilitará o espazo para acoller este laboratorio na Cidade das TIC.
O proxecto do arquitecto Carlos Pita foi o gañador do concurso para a rehabilitación da Fábrica de Armas como Cidade das TIC así como para o deseño do primeiro dos edificios, o CSA, que ocupará unha das naves da Fábrica de Armas. A previsión é que en xaneiro de2022 comecen as obras de rehabilitación e que estea dispoñible a finais de2022. Para o CSA proponse unha construción de 2.627 metros cadrados entre a planta baixa e a entreplanta destinados a empresas TIC; e 2.069 metros cadrados para laboratorios, aulas e zonas comúns (cafetería, espazos de traballo informais, instalacións...). O proxecto de Carlos Pita plantexa a potenciación da tipoloxía basilical do edificio coa introdución dunha nova construción de madeira de 440 metros cadrados, destinado a aulas, coworking, cafetería e espazo informal.
Esta nave acollerá empresasdo sector tecnolóxico, para o que o Clúster TIC recibiu solicitudes formais para 17.000 m2 de superficie. O Clúster adxudicou os espazos ás empresas Imatia, Cinfo, ITG, Xoia, Enxenio, Odeene, Tokiota, Dataspartan, Soslife7 e Itelsis. Ademais recibiu a petición da firma Denodo para ocupar unha nave enteira.
A Universidade da Coruña convocou recentemente o concurso de ideas para o deseño do novo edificio Centro de Investigación TIC - Intelixencia Artificial (CITIC-IA) na Cidade das TIC, gañado pola proposta presentada por Guadalupe Piñera, Jesús Irisarri, Enrique Blanco, Patricia Sabíne Joaquín Martín.
Este edificio de nova construción será un centro de I+D+i denominado CITIC-IA. Ocupará unha superficie inicial de 6.500 metros cadrados construídos, pero contempla a posibilidade de crecemento ao dobre da súa superficie.
Foto: Desde a esquerda, Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia; Inés Rey, alcaldesa da Coruña; José Miñones, Delegado do Goberno en Galicia; JulioAbalde, reitor da UDC; Francisco Conde, conselleiro de Economía; ValentínGonzález Formoso, presidente da Deputación da Coruña, e Susana Ladra, directorado Campus Innova.
Comments