A directora de Estratexia de Plexus Tech participa nas xornadas da Innovación Inclusiva da UDC

Silvia Camesella,

A directora de Estratexia de Plexus Tech participa nas xornadas da Innovación Inclusiva da UDC


A Directora de Estratexia e Marca de Plexus Tech, Silvia Fraga, participou activamente o pasado mércores nas xornadas «A Era da Innovación Inclusiva e os seus efectos nos proxectos sociais, tecnolóxicos e circulares», celebradas no campus da Universidade da Coruña (UDC).

Silvia realizou a charla “A r-evolución dixital e o reto de humanizar a tecnoloxía” sobre unha temática moi necesaria no contexto actual: a concepción dos avances tecnolóxicos como ferramentas ao servizo das persoas. Precisamente a complicada situación económica, social e internacional actual envolveu todo o contido dun evento que espera axudar aos futuros profesionais a tomar conciencia dos retos aos que se enfronta a sociedade nos vindieros anos.

A Universidade da Coruña, xunto co Concello da Coruña, celebraron este evento na Facultade de Economía e Empresa da universidade. Ademais da nosa compañeira Silvia, outros relatores como o emprendedor Ramón Castro Neira ou Yoya Neira, concelleira do concello, compartiron as súas impresións sobre temas como a innovación social ou a economía circular.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies