Tamara Cutrín, de TEIMAS, inaugura unha nova edición de "Que non te líen. Ti elixes!", o programa para incentivar vocacións STEM entre alumnado galego

Silvia Camesella,

Tamara Cutrín, de TEIMAS, inaugura unha nova edición de "Que non te líen. Ti elixes!", o programa para incentivar vocacións STEM entre alumnado galego


A semana pasada comezamos unha nova edición do programa "Que non te líen. Ti elixes!", impulsado pola Xunta de Galicia, e no que colaboramos co obxectivo de promover as vocacións STEM entre o alumnado galego de 3º e 4º de ESO.

Ata o 10 de decembro, distintas profesionais das nosas empresas socias visitarán ata 16 centros de ensino de toda a xeografía galega para favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.

Tamara Cutrín Millán, responsable de persoas e cultura en TEIMAS, foi a encargada de inaugurar este novo roteiro en Maceda (Ourense), ofrecendo unha charla aos estudantes do IES San Mamede.

Esta iniciativa está promovida pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.  

O Clúster TIC Galicia xa colaborou con este programa educativo o curso pasado, cando 14 mulleres profesionais das nosas asociadas ofreceron diferentes relatorios en centros de ensino galegos.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies