PuntoGal publica unha nova guía de seguridade co gallo do ‘Día de máis que un contrasinal’

Silvia Camesella,

PuntoGal publica unha nova guía de seguridade co gallo do ‘Día de máis que un contrasinal’


O dominio ofrece ferramentas en galego e de balde para facer máis seguros os nosos dispositivos e servizos, dentro do marco da súa colaboración coa Global Cyber Alliance. 

Conxuntamente con outras 38 entidades sen ánimo de lucro centradas na seguridade na rede, PuntoGal publica unha guía que anima aos usuarios a ir máis alá de escoller un contrasinal forte para as súas contas na rede e propón unha serie de pasos preventivos para impedir os accesos indebidos aos nosos dispositivos e servizos, así como solucións para o caso de que se faga público o noso contrasinal. 

A guía, que se engloba no traballo que PuntoGal leva acabo con diferentes socios para contribuír a facer da rede un lugar máisseguro, propón accións como usar dobre autenticación nas nosas contas, facer un hábito do uso de apps de autenticación, combinando o móbil con outros dispositivos e outras modalidades que impiden que ninguén teña acceso aos nosos datos sen consentimento. 

A idea de lembrar a todos os usuarios estas posibilidades nun día internacional, o dez de decembro, parte de todo tipo de institucións e empresas da rede, que buscan así concienciar de que un esforzo extra para usar ferramentas que xa temos ao noso dispor poden facer as nosas actividades narede moito máis seguras. 

A guía está accesible aquí: https://i.gal/chave. Se se quere acceder á totalidade das guías que elabora PuntoGal, tanto en temas de ciberseguridade como noutras materias como a lingua ou a utilización de diferentes dispositivos, pódense consultar aquí: https://dominio.gal/guias

 Fai dous anos PuntoGal asinou a súa incorporación áGlobal Cyber Alliance (GCA), a organización internacional creada en 2015 para afrontar os riscos cibernéticos e facer da rede un lugar máis seguro. O dominio foi a primeira entidade galega en sumarse a esta alianza global, dentro da súa política de reforzar a seguridade do ámbito dixital.  

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai máis de 6.800 dominios .gal rexistrados. Para máis información:dominio.gal.

Sobre a Alianza cibernética global

A Global Cyber Alliance é unha iniciativa internacional e intersectorial dedicada á misión de reducir o risco cibernético e mellorar o mundo interconectado no que vivimos. Para iso, unimos comunidades de todo o mundo baixo a nosa misión, implementamos solucións concretas e medimos os resultados. A GCA, constituída como unha entidade de tipo 501 (c) (3) nosEstados Unidos e como unha organización sen ánimo de lucro no Reino Unido e Bélxica, foi fundada en setembro de 2015 pola Oficina do Fiscal de Distrito deManhattan, pola policía da cidade de Londres e o Centro de Seguridade enInternet. Para máis información: globalcyberalliance.org.

 

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies