PuntoGal publica unha nova guía de seguridade co gallo do ‘Día de máis que un contrasinal’

Silvia Camesella,

PuntoGal publica unha nova guía de seguridade co gallo do ‘Día de máis que un contrasinal’


O dominio ofrece ferramentas en galego e de balde parafacer máis seguros os nosos dispositivos e servizos, dentro do marco da súacolaboración coa Global Cyber Alliance. 

Hoxe, conxuntamente con outras 38 entidades sen ánimo de lucro centradas naseguridade na rede, PuntoGal publica unha guía que anima aos usuarios a ir máisalá de escoller un contrasinal forte para as súas contas na rede e propón unhaserie de pasos preventivos para impedir os accesos indebidos aos nososdispositivos e servizos, así como solucións para o caso de que se faga públicoo noso contrasinal. 

A guía, que se engloba no traballo que PuntoGal leva acabo con diferentes socios para contribuír a facer da rede un lugar máisseguro, propón accións como usar dobre autenticación nas nosas contas, facer unhábito do uso de apps de autenticación, combinando o móbil con outrosdispositivos e outras modalidades que impiden que ninguén teña acceso aos nososdatos sen consentimento. 

A idea de lembrar a todos os usuarios estas posibilidadesnun día internacional, o dez de decembro, parte de todo tipo de institucións eempresas da rede, que buscan así concienciar de que un esforzo extra para usarferramentas que xa temos ao noso dispor poden facer as nosas actividades narede moito máis seguras. 

A guía está accesible aquí: https://i.gal/chave. Se sequere acceder á totalidade das guías que elabora PuntoGal, tanto en temas deciberseguridade como noutras materias como a lingua ou a utilización dediferentes dispositivos, pódense consultar aquí: https://dominio.gal/guias

 Fai dous anos PuntoGal asinou a súa incorporación áGlobal Cyber Alliance (GCA), a organización internacional creada en 2015 paraafrontar os riscos cibernéticos e facer da rede un lugar máis seguro. O dominiofoi a primeira entidade galega en sumarse a esta alianza global, dentro da súapolítica de reforzar a seguridade do ámbito dixital.  

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitosprincipais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos dexestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio ainiciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día dehoxe hai máis de 6.800 dominios .gal rexistrados. Para máis información:dominio.gal.

Sobre a Alianza cibernética global

A Global Cyber Alliance é unha iniciativa internacional eintersectorial dedicada á misión de reducir o risco cibernético e mellorar omundo interconectado no que vivimos. Para iso, unimos comunidades de todo omundo baixo a nosa misión, implementamos solucións concretas e medimos osresultados. A GCA, constituída como unha entidade de tipo 501 (c) (3) nosEstados Unidos e como unha organización sen ánimo de lucro no Reino Unido eBélxica, foi fundada en setembro de 2015 pola Oficina do Fiscal de Distrito deManhattan, pola policía da cidade de Londres e o Centro de Seguridade enInternet. Para máis información: globalcyberalliance.org.

 

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies