O pasado xoves 23 de xuño, Plexus Tech asistiu ao Bonita Day en calidade de partner 360 da empresa francesa Bonitasoft, un evento no que a compañía deu a coñecer a plataforma Bonita a través de achegas de valor de clientes e socios como Plexus Tech.
Nesta xornada presentáronse novidades do ecosistema de Bonitasoft, como os seus novos proxectos de transformación dixital, o Process Analytics UI e testing da plataforma DPA. Ademais, diversos expertos e profesionais compartiron experiencias e casos de éxito empregando a plataforma.
Tamén se reflexionou sobre «como os negocios poden afrontar os desafíos que expón o futuro», e o papel fundamental que ten neste camiño a evolución do mundo da automatización de procesos.
Comments