Ozona Tech, adxudicataria do concurso público licitado pola Amtega para realizar a consultoría e implantación dunha solución de virtualización de posto de traballo (VDI).

Óscar Santos Rodríguez,

Ozona Tech, adxudicataria do concurso público licitado pola Amtega para realizar a consultoría e implantación dunha solución de virtualización de posto de traballo (VDI).


Ozona Tech resultou adxudicataria do concurso público licitado pola Amtega, para realizar a consultoría e implantación dunha solución de virtualización de posto de traballo (VDI).

O importe do contrato é duns 5 millóns de euros que irán destinados a despregar ata 10.000 escritorios virtuais nos próximos 4 anos. Ozona Tech impúxose ás propostas presentadas por compañías multinacionais de tecnoloxía con forte implantación en Galicia.

Para levalo a cabo utilizaranse tecnoloxías de Citrix e Microsoft, fabricantes nos que Ozona Tech dispón das máximas certificacións. A infraestrutura resultante será monitorada con Overa Activity, solución desenvolvida pola área de Innovación de Ozona Tech.

Especialista en Dixital workplace

Ozona Tech é pioneira na modernización e dixitalización do posto de traballo, achegando as vantaxes económicas, funcionais e en seguridade da virtualización do posto de traballo a máis de 500 clientes privados e públicos de todo o territorio nacional.

A compañía é tamén unha referencia en teletraballo. Nas primeiras semanas, tras decretarse o confinamento en marzo de 2020, Ozona Tech despregou 50.000 usuarios en teletraballo en organizacións de todos os sectores de actividade e rexións de España.

Para Ramón Ares, CEO de Ozona Tech, a adxudicación deste contrato mostra o valor da especialización: ”O ano que vén cumpriremos 20 anos de aposta continuada pola especialización. Contamos cun equipo altamente capacitado e experto en transformación da contorna de traballo que coñece non só as últimas tecnoloxías neste ámbito, tamén as crecentes necesidades dos clientes”.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies