Ozona Tech resultou adxudicataria do concurso público licitado pola Amtega, para realizar a consultoría e implantación dunha solución de virtualización de posto de traballo (VDI).
O importe do contrato é duns 5 millóns de euros que irán destinados a despregar ata 10.000 escritorios virtuais nos próximos 4 anos. Ozona Tech impúxose ás propostas presentadas por compañías multinacionais de tecnoloxía con forte implantación en Galicia.
Para levalo a cabo utilizaranse tecnoloxías de Citrix e Microsoft, fabricantes nos que Ozona Tech dispón das máximas certificacións. A infraestrutura resultante será monitorada con Overa Activity, solución desenvolvida pola área de Innovación de Ozona Tech.
Especialista en Dixital workplace
Ozona Tech é pioneira na modernización e dixitalización do posto de traballo, achegando as vantaxes económicas, funcionais e en seguridade da virtualización do posto de traballo a máis de 500 clientes privados e públicos de todo o territorio nacional.
A compañía é tamén unha referencia en teletraballo. Nas primeiras semanas, tras decretarse o confinamento en marzo de 2020, Ozona Tech despregou 50.000 usuarios en teletraballo en organizacións de todos os sectores de actividade e rexións de España.
Para Ramón Ares, CEO de Ozona Tech, a adxudicación deste contrato mostra o valor da especialización: ”O ano que vén cumpriremos 20 anos de aposta continuada pola especialización. Contamos cun equipo altamente capacitado e experto en transformación da contorna de traballo que coñece non só as últimas tecnoloxías neste ámbito, tamén as crecentes necesidades dos clientes”.
Comments