O Clúster TIC Galicia vén de recibir os borradores dos plans directores do sector da automoción e da construción naval para efectuar as súas achegas no apartado de dixitalización. Os asociados que queiran aportar o seu expertise na elaboración destes instrumentos da planificación poden dirixirse á oficina da entidade, a través de info@clusterticgalicia.com ou do teléfono 881 939 651, ata o 30 de agosto.
As suxestións por parte de empresas socias forma parte do compromiso que adquiriu o Clúster TIC Galicia coa Xunta para potenciar o desenvolvemento da actividade industrial nestes sectores estratéxicos. Na elaboración destes plans directores participan, ademais, as consellerías con competencias en cada materia, así como o sector privado e representantes dos traballadores. Deste xeito, preténdese contar cun instrumento consensuado que dea unha resposta real ás necesidades dos diferentes sectores.
Comments