O Clúster TIC de Galicia reparte 10.000 máscaras de protección contra o Covid-19 entre as empresas asociadas

Óscar Santos Rodríguez,

O Clúster TIC de Galicia reparte 10.000 máscaras de protección contra o Covid-19 entre as empresas asociadas


O Clúster TIC de Galicia forneceu durante os últimos días 10.000 unidades de máscaras cirúrxicas de protección contra o Covid-19 entre as empresas socias, dentro das accións postas en marcha pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e do Servizo Galego de Saúde (Sergas), para facilitar o material sanitario necesario na loita contra o virus.

Un total de 35 empresas socias –21 na Coruña, 12 en Pontevedra, 1 en Lugo e outra en Ourense-, das 104 que forman parte do organismo solicitaron a entrega deste material para garantir a seguridade e defensa da saúde dun global de 1.855 traballadores.

Con esta medida búscase dotar do equipamento fundamental ás empresas do sector tecnolóxico, que se converteu nun dos máis activos e esenciais durante a pandemia, tanto á hora de ofrecer soporte ás infraestruturas e servizos de comunicación, fundamentais para garantir condicións estables e seguras de teletraballo na administración pública e o sector privado, como para achegar solucións innovadoras que contribúan a saír da actual crise sanitaria.

A previsión é que esta subministración poidan ter unha continuidade nas próximas semanas para manter no tempo a protección dos profesionais que permaneceron ou se reincorporaron aos seus postos de traballo.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies