NodeHub, a incubadora do Clúster TIC Galicia, celebrou o peche do seu primeiro programa de incubación de proxectos do sector tech cun Demo Day, que tivo lugar o pasado 25 de setembro na Cidade das TIC da Coruña. Durante a xornada, os emprendedores participantes tiveron a oportunidade de presentar as súas ideas innovadoras perante investidores e membros do ecosistema tecnolóxico galego co obxectivo de acadar o financiamento preciso para poder levar a cabo as súas propostas.
As sesións pitching deron paso á deliberación dun xurado composto por expertos en innovación, emprendemento e capital de risco para determinar os tres mellores proxectos do programa:
Na súa decisión, o xurado tivo en conta o carácter innovador das diferentes propostas, a súa aplicación a diferentes sectores e viabilidade económica. Este grupo de expertos estaba integrado por Pablo Lombardero, analista de investimentos en Unirisco, Fany Suárez, subdirectora de Inversións e Startups do Igape, Roberto Touza, CEO de Startups.st, Daniel Prieto, socio fundador e general partner de Noso Capital, e Teresa Somoza, do Servizo de Promoción Cultural do Concello da Coruña.
4 meses de incubación
O programa de incubación de Node Hub remata así a súa primeira edición, con catorce startups e emprendedores participantes, que ao longo dos últimos catro meses recibiron o apoio, a formación e a mentorización necesarios para impulsar os seus proxectos. Isto foi posible grazas á aprendizaxe adquirida a través de distintas formacións con expertos en tecnoloxía, ás xornadas de networking ou o acceso ao ecosistema galego de colaboradores.
Comments