James Orange, CEO de Orange³Legal: "A aprendizaxe máis valiosa de Node Hub foron as xornadas de networking"

Silvia Camesella,

James Orange, CEO de Orange³Legal: "A aprendizaxe máis valiosa de Node Hub foron as xornadas de networking"


Orange³Legal é outro dos proxectos que participaron na incubadora Node Hub de Incibe Emprende e o Agrupación industrial TIC Galicia. Liderado por James Orange, esta academia de inglés profesional e virtual, dirixida ao sector legal, busca achegar a linguaxe xurídica en inglés a través de profesionais expertos na materia. "O profesor que imparte do curso tamén é avogado, de modo que ten un coñecemento amplo do vocabulario que se adoita empregar neste ámbito", sinala Orange.

O promotor tamén sinala que a súa plataforma diferénciase doutras similares en que as formacións son moi dinámicas e inclúen contidos multimedia xerados sobre un temario totalmente actualizado. O obxectivo agora é estender estes cursos a outras profesións, como perruqueiros.

A aprendizaxe en Node Hub

Para James Orange a aprendizaxe máis valiosa de Node Hub foron as xornadas de networking, "moi útiles", sostén, e engade: "Este programa foi un descubrimento fantástico, xa que me permitiu coñecer un ecosistema emprendedor moi amplo á marxe do traballo por conta allea". Agora, o CEO de Orange³Legal atópase en plena fase de lanzamento e o seu principal obxectivo céntrase na xeración de leads.

Con carácter paralelo, está a desenvolver ademais outros dous proxectos ligados a Orange³Legal: Orange³Global, unha consultoría para ofrecer formación, apoio, asesoría e acompañamento en inglés internacional a empresas, e Orange³, para o desenvolvemento de cursos en liña de autoestudio cun temario de inglés profesional moi específico.



Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies