VINDEIRA CAPITAL NETWORK (VCN) - CLÚSTER TIC GALICIA

VINDEIRA CAPITAL NETWORK (VCN) - CLÚSTER TIC GALICIA


Vindeira Capital Network (VCN) é un proxecto no que se da a posibilidade de que emprendedores e inversores teñan un punto de encontro que permita visualizar e coñecer os proxectos innovadores e emprendedores de Galicia e captar financiación inversora que permita canalizar a súa realización.


O evento está organizado polo Clúster TIC Galicia e Vindeira e entre os seus principais obxectivos está:

1.- Identificar oportunidades a partir da maduración de resultados I+D+i de Grupos de Investigación, Centros I+D e empresas

2.- Identificar mecanismos de financiación para apoiar a creación e ampliación de EBTs en Galicia

3.- Facilitar a co-inversión en proxectos atraendo inversores privados de fora de Galicia que complemente os mecanismos de inversión pública e privada existentes.

A actividade principal da iniciativa céntrase na organización dos Encontros Vindeira Capital Network, que son foros especializados de inversión nos que emprendedores poden presentar ante inversores a súa idea a través dun elevator-pitch, que é unha presentación rápida e áxil na que a captación de interese debe realizarse con brevidade.

As garantías de calidade, tanto do proxecto como da presentación conséguense tanto na fase inicial de búsqueda e identificación de ideas e proxectos, como co proceso de selección realizado por especialistas TIC e finalmente da fase formativa a través da Vindeira Venture Academy que se asegura de que o presentador teña capacidade e competencias para facer unha exposición áxil e concisa ante o inversor.

VCN 2010

Vindeira Capital Network comezou a súa andadura no ano 2010 coa organización do I Encontro Vindeira Capital Network. Celebrouse en Santiago de Compostela os días 6 e 7 de Xullo e nel presentáronse 14 proxectos empresariais tecnolóxicos ante 16 inversores do ámbito nacional.



VCN 2011

En Xullo do ano 2011 realizouse a 2ª edición na que se presentaron 11 proxectos ante 18 inversores do ámbito nacional e internacional.
Nesta edición fíxose unha xornada de mentorización de cara a mellorar as posibilidades de presentación ante os inversores.



VCN 2012

Realizada en Maio coa participación de 14 inversores que tiveron a oportunidade de coñecer 13 proxectos de negocio.
Nesta ocasión contamos coa colaboración de XesGalicia, BIC Galicia e IGAPE que fixo posible a creación de "Vindeira Venture Academy", a fase formativa que se demandaba nas edicións anteriores por parte dos presentadores dos proxectos. Deste xeito realizamos un completo programa de formación para que a calidade e concisión da presentación amplíe as posibilidades de captar atención e financiación.



VCN 2013


A IV edición de Vindeira Capital Network (VCN´13) realizouse os días 24 e 25 de Outubro. Coas novidades do novo enfoque multisectorial e a mellora e ampliación de recursos para a busca e identificación de proxectos de negocio.

Ampliouse o alcance da iniciativa VCN para que a finaciación chegara, ademais do obxectivo das empresas con base tecnolóxica, tamén a outros sectores produtivos estratéxicos para Galicia.

Deste xeito canalizouse a mira inversora nos seguintes sectores:

  • Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)
  • Biotecnolóxico
  • Agroalimentario
  • Automoción
  • Audiovisual
  • Calquera sector con alta compoñente tecnolóxica
MÁIS COLABORACIÓNS

Ao XesGalicia e ao IGAPE, que viñan colaborando de edicións anteriores, súmase a axuda da Axencia Galega de Innovación, dos centros tecnolóxicos galegos, de Zarpamos, da Escola de Negocios de Novacaixagalicia e Launchlab; que xunto coa co-financiación do IGAPE a través da convocatoria 2014 de Axudas para Proxectos de Iniciativas Abertas de Difusión, co-financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013; fixo posible a organización e o desenvolvemento de máis accións de divulgación do VCN achegando o proxecto a máis iniciativas empresariais a través de emprendedores, start ups e spin offs ao tempo que se reforzou o ciclo formativo na Vindeira Venture Academy.

Accede ao Boletín Especial editado para a difusión e promoción do evento







Accede á Revista Recopilatoria do VCN 2013











None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies