Vindeira Capital Network (VCN) é un proxecto no que se da a posibilidade de que emprendedores e inversores teñan un punto de encontro que permita visualizar e coñecer os proxectos innovadores e emprendedores de Galicia e captar financiación inversora que permita canalizar a súa realización.
O evento está organizado polo Clúster TIC Galicia e Vindeira e entre os seus principais obxectivos está:
1.- Identificar oportunidades a partir da maduración de resultados I+D+i de Grupos de Investigación, Centros I+D e empresas
2.- Identificar mecanismos de financiación para apoiar a creación e ampliación de EBTs en Galicia
3.- Facilitar a co-inversión en proxectos atraendo inversores privados de fora de Galicia que complemente os mecanismos de inversión pública e privada existentes.
A actividade principal da iniciativa céntrase na organización dos Encontros Vindeira Capital Network, que son foros especializados de inversión nos que emprendedores poden presentar ante inversores a súa idea a través dun elevator-pitch, que é unha presentación rápida e áxil na que a captación de interese debe realizarse con brevidade.
As garantías de calidade, tanto do proxecto como da presentación conséguense tanto na fase inicial de búsqueda e identificación de ideas e proxectos, como co proceso de selección realizado por especialistas TIC e finalmente da fase formativa a través da Vindeira Venture Academy que se asegura de que o presentador teña capacidade e competencias para facer unha exposición áxil e concisa ante o inversor.
Vindeira Capital Network comezou a súa andadura no ano 2010 coa organización do I Encontro Vindeira Capital Network. Celebrouse en Santiago de Compostela os días 6 e 7 de Xullo e nel presentáronse 14 proxectos empresariais tecnolóxicos ante 16 inversores do ámbito nacional.
En Xullo do ano 2011 realizouse a 2ª edición na que se presentaron 11 proxectos ante 18 inversores do ámbito nacional e internacional.
Nesta edición fíxose unha xornada de mentorización de cara a mellorar as posibilidades de presentación ante os inversores.
Realizada en Maio coa participación de 14 inversores que tiveron a oportunidade de coñecer 13 proxectos de negocio.
Nesta ocasión contamos coa colaboración de XesGalicia, BIC Galicia e IGAPE que fixo posible a creación de "Vindeira Venture Academy", a fase formativa que se demandaba nas edicións anteriores por parte dos presentadores dos proxectos. Deste xeito realizamos un completo programa de formación para que a calidade e concisión da presentación amplíe as posibilidades de captar atención e financiación.
A IV edición de Vindeira Capital Network (VCN´13) realizouse os días 24 e 25 de Outubro. Coas novidades do novo enfoque multisectorial e a mellora e ampliación de recursos para a busca e identificación de proxectos de negocio.
Ampliouse o alcance da iniciativa VCN para que a finaciación chegara, ademais do obxectivo das empresas con base tecnolóxica, tamén a outros sectores produtivos estratéxicos para Galicia.
Deste xeito canalizouse a mira inversora nos seguintes sectores:
Accede ao Boletín Especial editado para a difusión e promoción do evento
Accede á Revista Recopilatoria do VCN 2013
None
Comments