O Clúster TIC Galicia fai unha valoración moi positiva da cuarta edición de Vindeira Capital Network, que se celebrou os días 21 e 22 de novembro en Santiago de Compostela e na que se alcanzou unha marca de participantes, cun total de 35 investidores, entre entidades públicas e privadas de Galicia e o conxunto de España.
Os investidores participantes realizaron unha alta valoración dos quince proxectos presentados, once deles correspondentes á área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e os catro restantes, á Biotecnoloxía. Deste xeito, na súa cuarta edición Vindeira Capital Network consolidou a súa posición como foro de investimento de referencia no sector TIC, demostrando o potencial que existe en Galicia para pór en marcha negocios de base tecnolóxica, un potencial que aínda non é suficientemente coñecido desde fóra da Comunidade Autónoma.
O Clúster TIC comparte as palabras pronunciadas por Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), no acto de clausura do evento, en referencia a que a Comunidade Autónoma conta con "as bases para abordar grandes proxectos tecnolóxicos, nos que necesitamos non só ás grandes multinacionais, senón tamén ás pemes TIC e a startups que sumen as súas iniciativas innovadoras e proxectos transformadores".
Valoración dos patrocinadores:
Xesgalicia, que estivo representado en VCN13 polo seu director xeral, Juan Cividanes, calificou o desenvolvemento do evento como "moi positivo en todos os sentidos" e destacou a "notable cualificación dos proxectos presentados".
Novagalicia Banco mostrou a súa satisfacción polo éxito de VCN13 e reiterou a súa aposta pola innovación e o emprendemento en Galicia, no marco do seu compromiso coa dinamización do tecido produtivo galego. "Iniciativas como a de Vindeira contribúen a superar a barreira do financiamento e axudan a que cristalicen ideas innovadoras e startups, achegando un valor engadido á contorna empresarial galega", destacou o director do Gabinete de Presidencia de Novagalicia, Santiago Novoa.
O Concello de Santiago de Compostela estivo representado na presentación e clausura de VCN13 pola concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis Rodríguez, quen destacou a importancia de desenvolver eventos que acheguen o financiamento aos proxectos emprendedores e felicitouse porque VCN13 tivese como sede a capital de Galicia.
Valoración de inversores:
Armando Guerra, de Ambar Venture Capital, sinalou que eventos como VCN13 ofrecen aos investidores unha oportunidade para ter "unha primeira toma de contacto importante" que lles permite coñecer os proxectos, aos propios emprendedores e as necesidades de investimento que estes teñen para lanzar ou impulsar o desenvolvemento das súas ideas de negocio.
Valoración de emprendedores:
Alberto Camba, un dos impulsores de Neteleven, asegura estar "moi contento" do desenvolvemento de Vindeira Capital Network nas súas diferentes fases. Este emprendedor valora especialmente a achega da etapa formativa (Vindeira Venture Academy) á que, segundo confesa, acudíu con certas doses de excepticismo inicial, pero que finalmente lle supuxo unha importante axuda para"entender os intereses dos inversores e mellorar o enfoque do noso produto", segundo indica. Camba explica que, tras o foro de investimento, Neteleven está xa en contacto con dous inversores interesados na startup, e non dubida á hora de indicar que recomendaría aos emprendedores con ideas de negocio de base tecnolóxica que participasen na próxima edición de Vindeira Capital Network.
José Higinio García asegura que o seu proxecto, Kiply, mellorou "como da noite ao día" tras pasar pola fase formativa de VCN13, na que traballou especialmente as habilidades de comunicación, axudado por un mentor. Do encontro con inversores destaca a "variedade de perfís" que se deron cita no evento, o que ao seu xuízo outorgou oportunidades a todos os proxectos que se presentaron. No seu caso, asegura facer o tipo de contactos que pretendía, aínda que recoñece que as negociacións cos investidores contactados están aínda nunha fase incipiente.
Proxectos participantes no foro de investimento de VCN13
Comments