O Cluster TIC Galicia celebra unha xornada tecnolóxica para presentar productos innovadores galegos

Óscar Santos Rodríguez,

O Cluster TIC Galicia celebra unha xornada tecnolóxica para presentar productos innovadores galegos




O Cluster TIC Galicia
, en colaboración co IGAPE, celebrará o próximo xoves, 19 de abril, unha xornada para dar a coñecer novos productos innovadores do sector tecnolóxico en Galicia.

A xornada terá lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, a partir das 9:30 h., coa inauguración a cargo de Antonio Rodríguez, presidente do Cluster TIC Galicia, e de Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do IGAPE.

 A empresa viguesa Xesol Innovation será a encargada de abrir o encontro coa ponencia “O coche do futuro: tecnoloxía para unha nova automoción”. Esta compañía crea solucións para o sector da movilidade intelixente e sostenible, como o software de codución autónoma Xesol Drive, que utiliza a intelixencia artificial para detectar outros vehículos, peatóns, semáforos, etc., e un novo programa no que están traballando para detectar a fatiga e as distraccións do conductor.

 Tras a súa intervención, a empresa coruñesa de desenvolvmento de software Tecalis explicará os últimos avances na aplicación do blockchain ó mundo das transaccións. Esta tecnoloxía a utilizan na compañía como base dun dos seus produtos máis innovadores, a ferramenta de firma electrónica Signen, coa que garantizan unha maior seguridade, accesibilidade e rapidez á hora de asinar acordos entre varios usuarios.  

 A continuación, o director do IGAPE, Juan Cividanes, moderará a rolda de presentación de productos innovadores. Nesta mesa presentaranse productos como a tecnoloxía de xeolocalización en interiores de Situm, a plataforma de gamifación Dogoplay de Cleventy, a plataforma de Business Intelligence OBSIDIAN de Ozona, creación de televisión automática de Cinfo, a plataforma cocoERP Alimentación de AVA  e a plataforma para xuntanzas virtuais e presenciais con validez legal de Councilbox.  

 O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, será o ecargado de clausurar o evento. Ademáis, está prevista a asistencia de grandes clientes potenciais e investidores privados.

 Resumo do programa

  • 09:30h - Recepción de asistentes
  • 09:45h - Apertura da xornada coa intervención de Antonio Rodríguez Del Corral, Presidente do Cluster TIC Galicia, e Norberto Penedo, Director da Área de Competitividade do IGAPE.  
  • 10:00h - O coche do futuro: tecnoloxía para unha nova automoción (XESOL) 
  • 10:45 h - Protexendo a cadea de datos: tecnoloxías blockchain (TECALIS) 
  • 11:30 h - Pausa-café de networking 
  • 12:00 h - Rolda de presentación de produtos innovadores coa intervención de Juan Cividanes, Director Xeral do IGAPE: AVA, CINFO, CLEVENTY, COUNCILBOX, OZONA, SITUM 
  • 13:30 h - Clausura da xornada, coa intervención de Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria 
  • 14:00 h - Viño galego de networking


¿A quen vai dirixido?

A todas aquelas entidades que estén interesadas en novo produto tecnolóxico, tanto para coñecer a tecnoloxía que se está a comercializar en Galicia, coma potenciais clientes ou, incluso, como inversores en tecnoloxía.


¿Queres asistir?


Os interesados en asistir dében inscribirse previamente a través do correo info@clusterticgalicia.com ou no teléfono 881 939 651.

Programa da Xornada Tecnolóxica

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies